No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 57, do 26 de marzo de 2026, publicáronse as bases aprobadas polas resolucións do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de marzo de 2026 e do 23 de marzo de 2026, relativas ás seguintes convocatorias:
– Dúas prazas de músico/a (subgrupo A2), pola quenda libre, C.E. 19/23.
– Unha praza de técnico/a superior de seguridade (técnico/a superior de prevención de riscos laborais) (subgrupo A1), pola quenda libre, C.E. 16/23.
– Unha praza de axudante de arquivo (subgrupo A2), pola quenda libre, C.E. 20/23.
– Dúas prazas de técnico/a superior de servizos sociais (subgrupo A1), pola quenda libre, C.E. 8/25.
– Unha praza de inspector/a principal da Policía local (subgrupo A2), pola quenda de promoción interna, C.E. 18/23.
– Dezaseis prazas de oficial da Policía local (subgrupo C1), pola quenda de promoción interna, C.E. 12/25.
– Cinco prazas de técnico/a superior de servizos sociais (subgrupo A1), pola quenda de promoción interna, C.E. 10/25.
– Dúas prazas de técnico/a superior de promoción de emprego (subgrupo A1), pola quenda de promoción interna, C.E. 15/23.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 26 de marzo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
