No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 55, do 24 de marzo de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 18 de marzo de 2026, relativas ás seguintes convocatorias:
– Catro prazas de enxeñeiro/a de camiños, pola quenda libre (subgrupo A1), C.E. 9/25.
– Dúas prazas de técnico/a medio/a de informática, por quenda de promoción interna (subgrupo A2), C.E. 17/23.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 26 de marzo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
