Mediante a Resolución da Alcaldía 222/2026, do 20 de febreiro, nomeouse a Javier Albes Testa, con DNI ***1390**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de administrativo, pertencente ao grupo C, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa, incluída na oferta de emprego público de 2021.
Este anuncio publicouse no BOP da Coruña núm. 37, do 25.2.2026.
O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público e do 60 da Lei do emprego público de Galicia.
Fene, 4 de marzo de 2026
Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa
