DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21106

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a incorporación de varias asociacións ao seu Consello Asesor de Pacientes.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras das seguintes asociacións:

Ourense, 25 de marzo de 2026

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

• Asociación Española de Miocardipatía Hipertrófica (AEMCH).

• Área 1, Alcohólicos Anónimos.

• querENDO. Mulleres con Endometriose.

• Afectadas por Sensibilidad Química Múltiple (SQM) Galicia.

• Asociación del Síndrome de Tourette en Galicia.

• Apoyo Positivo.

• Asociación Galega de Covid Persistente.

• Asociación Axuda aos Afectados de Silicose con Visión dun Futuro Mellor.