DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21105

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de marzo de 2026 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2026, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de promoción pública, se determinan as zonas xeográficas para a fixación dos prezos das vivendas protexidas e se modifica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

Advertido un erro na resolución citada, na versión en castelán, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 11 de marzo de 2026,

Faise a corrección na versión do DOG neste idioma. Tal corrección non procede no texto en galego.