DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21124

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 27 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1. 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal

Tribunal titular:

Presidencia:

– Fernando Veiga Aguiar, funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

Secretaría:

– Juana Isabel Ferreiro López-Riobóo, funcionaria do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade química.

Vogais:

– Bran Casal Pereira, funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

– Alfredo Couceiro López, funcionario de carreira do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

– Yolanda Castro Mosquera, funcionaria do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– David Prieto Fernández, funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

Secretaría:

– María Soledad Fariñas Vila, funcionaria do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Elías Neira Rial, funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Concepción Moares Domínguez, funcionaria do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– Mónica Leizán Carreira, funcionaria do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal.