DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21127

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro).

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizados os procesos selectivos e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, convócanse a este acto de elección, pola orde que figura nesta resolución, as persoas aspirantes que superaron os seguintes procesos:

– Proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

– Proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

Esta consellería, seguindo o disposto nas respectivas bases das convocatorias,

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto a Resolución do 10 de febreiro de 2026 (DOG núm. 29, do 12 de febreiro) pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos en xestión ambiental, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que son emprazadas para a elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Dado que neste acto de elección coexisten un proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 convocado polo sistema de concurso e un proceso selectivo ordinario convocado no ano 2023, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

1º. A orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias máis antigas terán preferencia sobre as máis recentes.

2º. No proceso ordinario de 2023, onde hai persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que deben elixir posto, estas terán prioridade sobre aquelas que accedan pola quenda de acceso libre.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Quinto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición cuarta. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestaren servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición cuarta.

Non obstante, exclúense desta opción as persoas aspirantes que figuran na relación de aprobados dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 xa que, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos na dita lei, deberán permanecer en servizo activo na devandita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición cuarta, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo, escala e especialidade a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

Se unha persoa aspirante se atopa incluída na relación de aprobados en máis dun proceso selectivo de estabilización convocado pola Administración xeral da Xunta de Galicia, deberá optar exclusivamente por un deles, renunciando expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles fixados para a elección de destino, conforme o establecido na disposición cuarta desta resolución.

2. Aspirantes que se atopan na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. Neste caso, a renuncia debe presentarse por escrito no rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles fixados para a elección de destino, conforme o establecido na disposición cuarta desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, se é o caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles fixados para a elección de destino, conforme o establecido na disposición cuarta desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicasen os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos, renunciando expresamente ao outro, sempre que non se producise aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados.

Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste punto.

Noveno. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores, o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito a compensación.

Décimo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo primeiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Núm. orde de elección de destino

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

1

***4832**

González Fernández, Iván

2022-Concurso

2

***3076**

Vega Chana, Marcos

2022-Concurso

3

***9827**

Estévez Nieto, Rafael

2023-Promoción interna

4

***1198**

Domínguez Brenlla, Martín

2023-Promoción interna

5

***8164**

Iglesias Raña, Luis

2023-Promoción interna

6

***2442**

Pereira Vila, Óscar Antonio

2023-Promoción interna

7

***5235**

Darriba Barreiro, Juan José

2023-Promoción interna

8

***7356**

Caldas González, César

2023-Promoción interna

9

***1018**

Ulloa Vázquez, José Manuel

2023-Promoción interna

10

***7515**

Martínez Pereira, Carlos Arturo

2023-Promoción interna

11

***1851**

Yáñez Ríos, Leopoldo

2023-Promoción interna

12

***9686**

González Aquino, José

2023-Promoción interna

13

***1965**

Figueiras Nodar, Roberto Antonio

2023-Promoción interna

14

***9507**

Ramos Rúa, Jorge Luis

2023-Promoción interna

15

***4234**

Purriños Rodríguez, Miguel

2023-Libre

16

***2958**

Urtaza Coto, Iván

2023-Libre

17

***3539**

Díaz Otero, Antonio

2023-Libre

18

***6541**

García González, Ángel

2023-Libre

19

***3106**

Pombo Alonso, Nicolás

2023-Libre

20

***4076**

Aneiros Chao, José Carlos

2023-Libre

21

***3453**

Cundíns Suárez, José Martín

2023-Libre

22

***9603**

Gil Rúa, María José

2023-Libre

23

***8361**

González Penedo, Rubén

2023-Libre

24

***2189**

Quintairos Rodríguez, Roberto

2023-Libre

25

***0933**

Pampín Rodríguez, Alejandro

2023-Libre

26

***5672**

González Rodríguez, Lois

2023-Libre

27

***1505**

Gómez Estévez, Manuel

2023-Libre

28

***3693**

Filgueiras Méndez, Alejandro

2023-Libre

29

***9931**

García Rodríguez, Fernando B.

2023-Libre

30

***6987**

García González, Iago

2023-Libre

31

***4090**

Núñez Rodríguez, Eulogio

2023-Libre

32

***2320**

Parada López, Francisco Javier

2023-Libre

33

***2990**

Fraiz Velázquez, Tomás

2023-Libre

34

***9067**

Miguélez Batan, Luis Antonio

2023-Libre

35

***9459**

Santiso Santos, Juan

2023-Libre

36

***0055**

Vázquez Rey, Pablo

2023-Libre

37

***1875**

Viso González, Adrián

2023-Libre

38

***3655**

Arca Eiroa, Marcos

2023-Libre

39

***6550**

Martíns Salinas, Sergio

2023-Libre

40

***0659**

Rodríguez Álvarez, Diego

2023-Libre

41

***6916**

González González, Diego

2023-Libre

42

***2408**

Carballeda Ferreiro, José

2023-Libre

43

***2486**

Ferreiro Romar, Javier

2023-Libre

44

***6902**

Enríquez Díaz, Iago

2023-Libre

45

***1392**

López González, Luciano

2023-Libre

46

***0144**

Mallo Seijo, Vicente

2023-Libre

47

***2829**

Vilela López, Bruno

2023-Libre

48

***4934**

Álvarez González, Marcos

2023-Libre

49

***3206**

Vergara Seoane, José

2023-Libre

50

***3836**

Vidal Somoza, Vicente

2023-Libre

51

***9621**

Rodríguez Prieto, María del Carmen

2023-Libre

52

***1218**

Rodríguez González, Manuel

2023-Libre

53

***0250**

Queimadelos Machado, Sonia

2023-Libre

54

***5027**

Rico Pérez, Elva

2023-Libre

55

***8450**

Ocampo Alonso, Alejandro

2023-Libre

56

***7201**

Mallo Sánchez, Pablo-Manuel

2023-Libre

57

***2609**

Martínez Llamas, Manuel Ángel

2023-Libre

58

***9525**

López Polo, Antonio

2023-Libre

59

***2985**

Franco Álvarez, Abel

2023-Libre

60

***2089**

García Blanco, Javier

2023-Libre

61

***8845**

Gómez Fanego, Francisco Vicente

2023-Libre

62

***9134**

Sánchez Varela, Mónica

2023-Libre

63

***5496**

Carbajal Pérez, María del Carmen

2023-Libre

64

***4414**

López Galdos, José Javier

2023-Libre

65

***7556**

Álvarez Martínez, Ignacio

2023-Libre

66

***5592**

Rodríguez Cabanelas, José Benito

2023-Libre

67

***1551**

Pastoriza Pazos, María Fe

2023-Libre

68

***5925**

Zabal González, Manuel

2023-Libre

69

***6888**

Lamelas Saa, Miguel

2023-Libre

70

***3032**

Dobarro Blanco, Belén

2023-Libre

71

***9180**

Doval Rey, Constantino

2023-Libre

72

***1170**

Del Río Barcia, Breogán

2023-Libre

73

***6174**

Penela Teira, Ignacio José

2023-Libre

74

***8961**

González Doval, Daniel

2023-Libre

75

***3900**

Martín Liñares, Verónica

2023-Libre

76

***4676**

González Noya, Brais

2023-Libre

77

***2216**

López Arias, Eduardo

2023-Libre

78

***2188**

Peso Boullosa, Montserrat

2023-Libre

79

***7322**

Murias Otero, Secundino

2023-Libre

80

***0655**

Domínguez Couto, Alicia

2023-Libre

81

***7077**

López Luaces, César

2023-Libre

82

***1223**

Suárez Mesías, David

2023-Libre

83

***2949**

Rodríguez Boan, Sergio

2023-Libre

84

***7909**

Cabanas Ramos, Eloi

2023-Libre

85

***9745**

Rúa Pandelo, Manuel

2023-Libre

86

***8223**

Lado Rey, Pablo

2023-Libre

87

***9463**

Montes Martínez, Iago

2023-Libre

88

***5021**

García González, Begoña

2023-Libre

89

***9633**

López Vázquez, Alberto

2023-Libre

90

***7403**

Ruíz Martínez, José Carlos

2023-Libre

91

***1495**

Álvarez Graña, David

2023-Libre

92

***4532**

Fernández Fernández, Víctor

2023-Libre

93

***7747**

Insúa Castro, José Miguel

2023-Libre

94

***1669**

Pérez Pérez, Ecilda

2023-Libre

95

***4769**

Varela García, José Diego

2023-Libre

96

***3154**

Martínez Rivas, Isaac

2023-Libre

97

***8241**

Martínez Parada, Iago

2023-Libre

98

***1480**

Pérez Crespo, Juan José

2023-Base I.1.1

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

Observacións

1

MRC995015132060010

Axente

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

2

MRA113300336001040

Axente-Xefatura de Grupo

EC

Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra)

Axencia Galega da Industria Forestal (Xera)

Pontevedra

C1-C2

14

3

MRC995004215660005

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Barbanza-O Sar

Servizos periféricos

A Pobra do Caramiñal

C1-C2

18

4

MRC995010127640015

Axente

MR

Comarca forestal: A Terra Chá

Servizos periféricos

Vilalba

C1-C2

18

5

MRC995011132190013

Axente

MR

Comarca forestal: O Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

C1-C2

18

6

MRC995011132190002

Axente zonal

MR

Comarca forestal: O Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

C1-C2

18

7

MRC995012232430011

Axente

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C1-C2

18

8

MRC995012132001013

Axente

MR

Comarca forestal: Ourense

Servizos periféricos

Ourense

C1-C2

18

9

MRA112500336001020

Posto base subgrupo C1

MR

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra)

Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)

Pontevedra

C1

14

Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño

Xornada especial

10

MRC995006127650007

Axente

MR

Comarca forestal: A Mariña Occidental

Servizos periféricos

Viveiro

C1-C2

18

11

MRC995003215060003

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Arzúa-Terra de Melide

Servizos periféricos

Arzúa

C1-C2

18

12

MRC995015232320010

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C1-C2

18

13

MRC995018236530011

Axente

MR

Comarca forestal: O Baixo Miño

Servizos periféricos

Tomiño

C1-C2

18

14

MRC995015132060006

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

15

MRC995018236530010

Axente

MR

Comarca forestal: O Baixo Miño

Servizos periféricos

Tomiño

C1-C2

18

16

MRC995004215660008

Axente

MR

Comarca forestal: A Barbanza-O Sar

Servizos periféricos

A Pobra do Caramiñal

C1-C2

18

17

MRC995017136420007

Axente

MR

Comarca forestal: O Condado

Servizos periféricos

Ponteareas

C1-C2

18

18

MRC995014232340006

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

19

MRC995014132840006

Axente

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

20

MRC995015232320015

Axente

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C1-C2

18

21

MRC995017136420005

Axente

MR

Comarca forestal: O Condado

Servizos periféricos

Ponteareas

C1-C2

18

22

MRC995014232340007

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

23

MRC995015032060007

Axente territorial

MR

Distrito Forestal: XV-A Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

20

24

MRC995015132060004

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

25

MAC993015132060005

Axente

MA

Zona: A Baixa Limia-Parque Natural A Baixa Limia-Serra do Xurés

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

26

MAC060000336560030

Axente

MA

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Vigo

C1-C2

18

Xornada especial // Ámbito: Cíes

27

MRC995004215660014

Axente

MR

Comarca forestal: A Barbanza-O Sar

Servizos periféricos

A Pobra do Caramiñal

C1-C2

18

28

MRC995007227180016

Axente

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

C1-C2

18

29

MRC995004215660013

Axente

MR

Comarca forestal: A Barbanza-O Sar

Servizos periféricos

A Pobra do Caramiñal

C1-C2

18

30

MRC995001115350011

Axente

MR

Comarca forestal: Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

C1-C2

18

31

MRC995003115580002

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Ordes-Santiago

Servizos periféricos

Ordes

C1-C2

18

32

MRC995004115560008

Axente

MR

Comarca forestal: A Barcala-Noia

Servizos periféricos

Noia

C1-C2

18

33

MRC995013132090009

Axente

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C1-C2

18

34

MRC995002215170004

Axente

MR

Comarca forestal: A Coruña

Servizos periféricos

Cambre

C1-C2

18

35

MRC995018136440019

Axente

MR

Comarca forestal: Vigo

Servizos periféricos

Redondela

C1-C2

18

36

MRC995019136590007

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Caldas-O Salnés

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1-C2

18

37

MAC993018136440005

Axente

MA

Zona: Vigo

Servizos periféricos

Redondela

C1-C2

18

38

MRC995012132001005

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Ourense

Servizos periféricos

Ourense

C1-C2

18

39

MRC995017136420002

Axente zonal

MR

Comarca forestal: O Condado

Servizos periféricos

Ponteareas

C1-C2

18

40

MRC995014132840001

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

41

MAC993014232340006

Axente

MA

Zona: Viana-Parque Natural Montes do Invernadeiro

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

42

MRC995015132060007

Axente

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

43

MRC995014132840014

Axente

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

44

MRC995011232680005

Axente zonal

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C1-C2

18

45

MRC995017236090006

Axente

MR

Comarca forestal: A Paradanta

Servizos periféricos

A Cañiza

C1-C2

18

46

MRC995014232340005

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

47

MAC993015132060007

Axente

MA

Zona: A Baixa Limia-Parque Natural A Baixa Limia-Serra do Xurés

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

48

MRC995014132840009

Axente

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

49

MRC995014232340008

Axente

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

50

MAC993012132001004

Axente

MA

Zona: Ourense-Celanova

Servizos periféricos

Ourense

C1-C2

18

51

MRC995004215660006

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Barbanza-O Sar

Servizos periféricos

A Pobra do Caramiñal

C1-C2

18

52

MRC995005115910002

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Terra de Soneira

Servizos periféricos

Vimianzo

C1-C2

18

53

MRC995005315440005

Axente

MR

Comarca forestal: Xallas-Muros

Servizos periféricos

Mazaricos

C1-C2

18

54

MRC995005315440006

Axente

MR

Comarca forestal: Xallas-Muros

Servizos periféricos

Mazaricos

C1-C2

18

55

MRC995005115910004

Axente

MR

Comarca forestal: Terra de Soneira

Servizos periféricos

Vimianzo

C1-C2

18

56

MRC995005215330003

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Fisterra

Servizos periféricos

Dumbría

C1-C2

18

57

MRC995005315440008

Axente

MR

Comarca forestal: Xallas-Muros

Servizos periféricos

Mazaricos

C1-C2

18

58

MRC995005215330004

Axente

MR

Comarca forestal: Fisterra

Servizos periféricos

Dumbría

C1-C2

18

59

MRC995004115560005

Axente

MR

Comarca forestal: A Barcala-Noia

Servizos periféricos

Noia

C1-C2

18

60

MRC995002315190011

Axente

MR

Comarca forestal: Bergantiños

Servizos periféricos

Carballo

C1-C2

18

61

MRC995001315680003

Axente

MR

Comarca forestal: Eume

Servizos periféricos

Pontedeume

C1-C2

18

62

MRC995005115910006

Axente

MR

Comarca forestal: Terra de Soneira

Servizos periféricos

Vimianzo

C1-C2

18

63

MRC995010127640001

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Terra Chá

Servizos periféricos

Vilalba

C1-C2

18

64

MRC995010127640008

Axente

MR

Comarca forestal: A Terra Chá

Servizos periféricos

Vilalba

C1-C2

18

65

MRC995007127060011

Axente

MR

Comarca forestal: Os Ancares

Servizos periféricos

Becerreá

C1-C2

18

66

MRC995006127650009

Axente

MR

Comarca forestal: A Mariña Occidental

Servizos periféricos

Viveiro

C1-C2

18

67

MRC995011232680008

Axente

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C1-C2

18

68

MRC995015132060008

Axente

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

69

MRC995013132090008

Axente

MR

Comarca forestal: Terra de Valdeorras

Servizos periféricos

O Barco de Valdeorras

C1-C2

18

70

MRC995014132840010

Axente

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

71

MRC995011232680011

Axente

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C1-C2

18

72

MRC995014232340009

Axente

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

73

MRC995012232430013

Axente

MR

Comarca forestal: Allariz-Maceda

Servizos periféricos

Maceda

C1-C2

18

74

MRC995014132840013

Axente

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

75

MRC995011232680009

Axente

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C1-C2

18

76

MRC995015232320013

Axente

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C1-C2

18

77

MRC995015132060016

Axente

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

78

MRC995013232230014

Axente

MR

Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives

Servizos periféricos

Castro Caldelas

C1-C2

18

79

MRC995015132060005

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

80

MRC995012332240004

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Terra de Celanova

Servizos periféricos

Celanova

C1-C2

18

81

MRC995014232340010

Axente

MR

Comarca forestal: Viana

Servizos periféricos

A Gudiña

C1-C2

18

82

MRC995011132190012

Axente

MR

Comarca forestal: O Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

C1-C2

18

83

MRC995014132840011

Axente

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

84

MRC995015232320011

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C1-C2

18

85

MRC995019136590011

Axente

MR

Comarca forestal: Caldas-O Salnés

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1-C2

18

86

MRC995018136440014

Axente

MR

Comarca forestal: Vigo

Servizos periféricos

Redondela

C1-C2

18

87

MRC995019236001009

Axente

MR

Comarca forestal: Pontevedra-O Morrazo

Servizos periféricos

Pontevedra

C1-C2

18

88

MRC995019236001016

Axente

MR

Comarca forestal: Pontevedra-O Morrazo

Servizos periféricos

Pontevedra

C1-C2

18

89

MRC995005215330002

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Fisterra

Servizos periféricos

Dumbría

C1-C2

18

90

MRC995010227280006

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Meira

Servizos periféricos

Meira

C1-C2

18

91

MRC995015232320009

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C1-C2

18

92

MRC995011232680006

Axente zonal

MR

Comarca forestal: O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

C1-C2

18

93

MRC995014132840005

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Verín

Servizos periféricos

Verín

C1-C2

18

94

MRC995013232230004

Axente zonal

MR

Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives

Servizos periféricos

Castro Caldelas

C1-C2

18

95

MAC993016136240007

Axente

MA

Zona: Deza

Servizos periféricos

Lalín

C1-C2

18

96

MRC995015132060003

Axente zonal

MR

Comarca forestal: A Baixa Limia

Servizos periféricos

Bande

C1-C2

18

97

MRC995015232320017

Axente

MR

Comarca forestal: A Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

C1-C2

18

98

MRC995013232230016

Axente

MR

Comarca forestal: Terra de Caldelas-Terra de Trives

Servizos periféricos

Castro Caldelas

C1-C2

18