En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante: Engie Proyecto As Penizas, S.L.
Domicilio social: Espacio de traballo G., Edificio El Mirador de Pontepedriña, Santiago de Compostela, 15702 A Coruña.
Denominación do proxecto: LAT 132 kV SE PE As Penizas-SEC Paraño.
Concellos afectados: Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense).
Orzamento total (execución material): 2.562.381,27 €.
Obxecto: evacuación da enerxía xerada polo PE As Penizas (31,2 MW) (expediente IN408A 2017/06) á subestación colectora denominada SEC Paraño 30/132/400 kV (expediente IN408A 2020/175).
Orixe e final da liña de alta tensión:
• Orixe: apoio paso aéreo subterráneo localizado nas inmediacións da subestación do PE As Penizas (concello de Forcarei).
|
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
550.471,00 |
4.714.419,32 |
• Final: pórtico metálico situado no interior da subestación colectora SEC Paraño (concello de Beariz).
|
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
550.471,00 |
4.714.419,32 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Liña de evacuación aérea de alta tensión de 132 kV, coa orixe no apoio paso aéreo subterráneo localizado nas inmediacións da subestación do PE As Penizas (Concello de Forcarei) e final no pórtico metálico situado no interior da subestación colectora SEC Paraño (Concello de Beariz), de lonxitude total 16.870 m (incluíndo os vans destensados de conexión aos ditos apoio e pórtico). Consta dun total de 65 apoios metálicos de celosía con cimentacións de formigón de tipo monobloque e/ou tetrabloque, cunha configuración de simple circuíto de condutor LA-380 dúplex (381 mm2 de sección), máis un cable de fibra óptica do tipo OPGW-48 (106,21 mm2 de sección), que efectuará ademais a función de cable de terra. Discorre polos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense). Potencia máxima de transporte: 311,26 MW.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2209, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:
• Proxecto de execución titulado Liña aérea de alta tensión 132 kV SE PE As Penizas-SEC Paraño, firmado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez o 7.1.2026 e co visado V20250334 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, do que o técnico é colexiado núm. 0482.
• Addenda ao proxecto de execución, asinada polo enxeñeiro industrial Rubén Castro Freire o 2.2.2026, colexiado núm. 2.737 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
• Estudo de impacto ambiental do proxecto titulado Estudo de impacto ambiental da liña de alta tensión 132 kV As Penizas-Paraño. Termos municipais: Forcarei, Cerdedo-Cotobade e Beariz. Provincia: Ourense e Pontevedra, asinado o 30.6.2025 e o 1.7.2025 por un equipo multidisciplinar de Novotec Consultores, S.A., datado en decembro de 2020 e con revisión de xuño de 2025.
• Addenda ao estudo de impacto ambiental do proxecto, asinada o 12.2.2026 por Pablo Federico de la Cruz Martínez con NIF 52998582G, apoderado mancomunado solidario e en representación da sociedade Engie Proyecto As Penizas, S.L., con CIF B70567029.
Esta documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º andar, 36071 Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, no teléfono 986 80 52 34, así como nas dependencias dos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense) e no Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático:
https://medioambiente.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Enerxias_Renovables_Instalacions_Xeracion
O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas no prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 6 de marzo de 2026
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
