DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 17 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a execución do proxecto de mellora de saneamento no concello de Vilanova de Arousa, que discorre polos concellos de Vilanova de Arousa e Cambados, para a mellora do sistema de saneamento nos concellos de Vilanova de Arousa e Cambados (Pontevedra).

Este departamento territorial está tramitando a solicitude de concesión administrativa presentada polo Concello de Vilanova de Arousa para ocupar unha superficie de seiscentos corenta metros cadrados e corenta e dous centímetros cadrados (640,42 m2) de dominio público marítimo-terrestre con destino á mellora de saneamento no concello de Vilanova de Arousa para a mellora do sistema de saneamento, nos concellos de Vilanova de Arousa e Cambados (Pontevedra) (CONC-PO-2026-004C).

De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei de costas), e no número 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que xulgue convenientes.

A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de litoral de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica

As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03222).

Pontevedra, 17 de marzo de 2026

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra