DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 20958

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 20/2026, do 9 de marzo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Advertidos erros no dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 56, do 25 de marzo de 2026, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 19504, onde di: «… servindo ao fortalecemento, á competitividade e á sustentabilidade da economía …», debe dicir: «… servindo ao fortalecemento, á competitividade e á sostibilidade da economía …».

Na páxina 19505, onde di: «... a transición ecolóxica e a sustentabilidade en todos os sectores económicos …», debe dicir: «... a transición ecolóxica e a sostibilidade en todos os sectores económicos …».

Na páxina 19521, onde di: «... Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo e Inglés profesional», debe dicir: «... Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo e Inglés profesional».

Na páxina 19522, onde di: «... o módulo de Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo ten como finalidade o desenvolvemento de coñecementos e competencias básicas en economía verde, sustentabilidade e impacto ambiental da actividade …», debe dicir: «... o módulo de Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo ten como finalidade o desenvolvemento de coñecementos e competencias básicas en economía verde, sostibilidade e impacto ambiental da actividade …».

Na páxina 19546, onde di: «... na sustentabilidade e nas competencias lingüísticas …», debe dicir: «... na sostibilidade e nas competencias lingüísticas…».

Nas páxinas 19558 a 19570, na disposición derrogatoria única, no punto 4, onde se indican os decretos derrogados, a alfabetización das familias profesionais é incorrecta e substitúese pola seguinte:

a) Familia profesional de Administración e Xestión:

b) Familia profesional Agraria:

c) Familia profesional de Artes Gráficas:

d) Familia profesional de Comercio e Márketing:

e) Familia profesional de Edificación e Obra Civil:

f) Familia profesional de Electricidade e Electrónica:

g) Familia profesional de Enerxía e Auga:

h) Familia profesional de Fabricación Mecánica:

i) Familia profesional de Hostalaría e Turismo:

j) Familia profesional de Imaxe e Son:

k) Familia profesional de Imaxe Persoal:

l) Familia profesional de Industrias Alimentarias:

m) Familia profesional de Informática e Comunicacións:

n) Familia profesional de Instalación e Mantemento:

o) Familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza:

p) Familia profesional Marítimo-Pesqueira:

q) Familia profesional de Química:

r) Familia profesional de Sanidade:

s) Familia profesional de Seguridade e Ambiente:

t) Familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade:

u) Familia profesional de Téxtil, Confección e Pel:

v) Familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos: