Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo a resolución desta dirección territorial, do 20 de febreiro de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Ourolo, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2023/123-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 16 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Rianxo
Modificado 1-LMT, CT, RBT Ourolo
|
Núm. parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietarios |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio núm. |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Cuvide 14 3760609NH1235N0001ML |
Urbano Solo sen edificar |
Alberto Calvo Iglesias Antonio Carou Iglesias |
Centro de transformación |
15,76 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
