DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/134-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 20 de febreiro de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT SBN717B substitución dos apoios AEBIU90D//18-2 e AEC7BIKE//18-3-CT, no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/134-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 16 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello da Coruña.

Expediente IN407A 2024/134-1.

Nº de predio

Lugar

Ref. catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº/CT

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

2

Aguieiro

15900A007011010000 YI

Rústico agrario

Descoñecido

1

2,0

20,0

320,57

3

Aguieiro

15900A007009390000 YB

Rústico agrario

Descoñecido

1 apoio + 1 CTI

2,0

34,0

475,44

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.