DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21024

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais.

A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un sector empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

A Axencia pretende impulsar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as entidades culturais dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

A Axencia, no desenvolvemento do seu labor a favor do audiovisual, concorda co establecido na Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos cando di que: «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da cal sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, se acha presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Por esta razón, a Axencia mantén unha liña de traballo, considerada estratéxica, que busca situar Galicia como destino idóneo de grandes rodaxes e que ten entre os seus obxectivos principais aumentar a capacidade competitiva das empresas da industria audiovisual galega e incentivar a creación de empregos sustentables que integren a totalidade da súa cadea de valor.

Esta finalidade encaixa perfectamente coa filosofía en que se enmarca o novo período de programación dos fondos europeos, especialmente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, tal e como se desprende do considerando 26 do Regulamento (UE) nº 2021/1058, que menciona a importancia dos investimentos nos sectores creativo e cultural, así como os servizos culturais, sempre que contribúan aos obxectivos específicos que non son outros que a mellora da competitividade das pemes, o crecemento sustentable e a creación de emprego.

En consonancia con iso, a estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de DNSH «non causar un prexuízo significativo» establecido no artigo 9.4 do Regulamento (CE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021(RDC), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020:

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Utilización e protección e uso sustentables dos recursos hídricos e mariños.

d) Economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

De acordo co anterior

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia e convocalas para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

Segundo o establecido no Regulamento UE núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo o artigo 107, número 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, número 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible nesta convocatoria. De conformidade co artigo 54 do Regulamento, «co fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais».

Nesta convocatoria defínense os requisitos para obter o certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, e a fórmula da declaración responsable para acreditar o seu cumprimento.

2. Financiamento.

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos do ente con cargo á aplicación orzamentaria, polos importes e a súa distribución plurianual que se indica no cadro seguinte:

Código de proxecto

Orixe dos fondos

Total

Aplicación orzamentaria

Anualidades

Importe

2024 00002

Feder

2.200.000 €

13.A1.432B.770.2

2026

900.000 €

2027

1.300.000 €

As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante.

Concretamente, esta actuación corresponde a:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade TIC rexional.

Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Tipo de acción (CPSO): 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Subtipo de acción (CPSO): 1.3.1.7. Impulso do tecido do sector audiovisual galego e de Galicia como escenario de rodaxes.

Tipo de intervención: 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores relativos a esta convocatoria son:

Indicador realización RCO01. Empresas apoiadas (das cales: microempresas, pequenas, medianas e grandes).

Indicador realización: RCO02. Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

Indicador de resultado: RCR02. Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).

3. Persoas beneficiarias.

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1 e cun centro de traballo ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea. Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polo menos por unha das empresas que a integran no momento de presentar a solicitude.

4. Solicitudes.

4.1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día 9 de abril de 2026 ás 9.00 horas e rematará o día 1 de outubro de 2026 ás 20.00 horas.

5. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia non competitiva que non poderá ter unha duración superior aos dous meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.

6. Información ás persoas interesadas.

6.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais:

http://industriasculturais.xunta.gal

b) Nos teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:

http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

6.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

7. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

8. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

9. Rexistro Público de Subvencións.

De acordo co establecido no artigo 14, alínea ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

José Carlos López Campos
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027, e convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G)

Artigo 1. Obxecto, finalidade e réxime das axudas

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

2. A finalidade desta convocatoria é estimular e impulsar a execución de rodaxes audiovisuais en Galicia para, por unha banda, fomentar a cadea de valor da industria do sector audiovisual galego co obxectivo de mellorar a súa competitividade, o crecemento sustentable e o mantemento do emprego de calidade das empresas e, por outro, situar Galicia como escenario de rodaxes audiovisuais de nivel internacional.

3. Para os efectos destas bases, teranse en conta as seguintes definicións:

a) Produción audiovisual: refírese á obra audiovisual completa.

b) Proxecto subvencionable: refírese ao conxunto das accións e actividades relacionadas coa produción audiovisual que se realicen en Galicia dentro do período subvencionable.

c) Actividade en Galicia: enténdese que as persoas solicitantes desenvolven a súa actividade en Galicia se poden acreditar a súa participación, en calidade de produtora maioritaria ou de responsable en Galicia da produción executiva en, polo menos, dúas producións audiovisuais realizadas en Galicia, nos últimos cinco anos, que coincidan con algunha das modalidades descritas no artigo 4.1 desta convocatoria.

4. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia non competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

5. De conformidade co artigo 54 do Regulamento UE nº 651/2014 da Comisión Europea, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo o artigo 107, número 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, número 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible nesta convocatoria. Estas bases establecen a fórmula de declaración responsable para acreditar o cumprimento dos requisitos para a obtención do certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, así como os criterios que permitirán seleccionar as solicitudes propostas para subvención.

6. As subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e a hora de entrada no Rexistro. Para estes efectos, considerarase como data a última entrada de documentación que complete o expediente de solicitude. A proposta de concesión será formulada polo órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos para conceder a subvención, sen que sexa necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1 e cun centro de traballo ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada nin, pola súa banda, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polo menos por unha das empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non poderá disolverse ata que finalizase o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As empresas produtoras que soliciten participar nesta convocatoria determinarán o tipo de actividade que van desenvolver, cuxa denominación virá determinada pola porcentaxe de propiedade industrial que teñan sobre a produción audiovisual:

a) Coprodución: entenderase que unha empresa produtora actúa no ámbito da coprodución cando, no momento da solicitude, acredita unha participación na propiedade industrial da produción audiovisual igual ou superior ao 20 %. Esta porcentaxe de participación na propiedade industrial da obra poderá reducirse ao 15 % no caso de coproducións internacionais en que interveñan dous países ou ao 10 % cando na coprodución internacional interveñan tres ou máis países. A persoa solicitante deberá manter a porcentaxe de participación na propiedade industrial durante toda a vixencia da operación.

b) Servizo de produción: entenderase que unha empresa produtora actúa no ámbito do servizo de produción cando, no momento da solicitude, dispón dun contrato en firme para asumir os servizos de produción obxecto desta convocatoria, non tendo participación na propiedade industrial da produción audiovisual ou sendo esta menor que as porcentaxes descritas na alínea a).

3. A persoa solicitante ou, de ser o caso, a persoa responsable da produción executiva deberá ter producido ou ter desempeñado a función de responsable da produción executiva nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria nun mínimo dunha obra previa que coincida con algunha das condicións que se describen:

– Longametraxe cinematográfica estreada en salas comerciais nacionais cun mínimo de 20.000 espectadores e así conste na base de datos de películas cualificadas do ICAA.

– Serie ou miniserie de ficción para TV ou plataforma de VOD, dun mínimo de 150 minutos de duración, que fosen emitidas nun mínimo de dous países, ademais de en España.

– Longametraxe cinematográfica de ficción en réxime de coprodución internacional e así conste na base de datos de películas cualificadas do ICAA.

4. As persoas solicitantes deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a contida no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 (DOUE-L-2014-81403), en función dos seus efectivos, do seu volume de negocio e do seu balance anual.

5. Esta convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

De acordo co artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser persoas beneficiarias as empresas que non teñan a consideración de empresa en crise no momento da presentación da solicitude, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

6. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria.

7. Unha mesma persoa solicitante, ou as súas empresas vinculadas, poderán obter subvención por un máximo de dous proxectos ao abeiro desta convocatoria. A mesma limitación seralles de aplicación aos proxectos en que a persoa solicitante ou as súas empresas vinculadas actúen como coprodutoras.

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 2.200.000 euros con cargo ás aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.2, código de proxecto 2024 00002, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o exercicio de 2026 e coa seguinte distribución por anualidades:

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Importe

13.A1.432B.770.2

2026

900.000 €

2027

1.300.000 €

2. Estas subvencións terán carácter plurianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados, e pagados, entre a data de presentación da solicitude da axuda e o 30 de setembro de 2027. O período subvencionable, por tanto, abarca desde o día da presentación da solicitude ata o 30 de setembro de 2027.

3. Poderanse ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, de acordo coa orde de prelación de solicitudes establecida no artigo 1.5.

4. No caso de que os créditos fosen ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. No caso de existiren solicitudes que, cumprindo todos os requisitos, non alcancen o dereito á subvención por esgotarse o orzamento dispoñible, pasarán a unha lista de espera formada polas persoas solicitantes que poderían ser susceptibles de recibir a axuda se se efectúa un incremento de crédito, ben por dispor de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas. A orde de prelación desta lista de espera será a entrada da solicitude no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, entendendo polo día de entrada aquel en que a documentación da solicitude se considere completa. Porén, a maior dispoñibilidade orzamentaria será destinada, en primeiro lugar, de ser o caso, a financiar as persoas beneficiarias que, tendo dereito, non acadaran a porcentaxe máxima de subvención posible pola distribución do crédito destinado a esta convocatoria.

6. As porcentaxes máximas de axuda e as contías máximas que pode recibir un proxecto son as seguintes:

Empresa

Tipo de proxecto

Importe mínimo proxecto subvencionable

Actividade

Intensidade da axuda

Contía máxima

Empresa que acredita actividade en Galicia

Longametraxe

1.000.000 €

Coprodución con IP igual ou superior ao 20 %

25 %

350.000 €

Coprodución con IP inferior ao 20 %

25 %

300.000 €

Servizo de produción

18 %

300.000 €

Serie

1.300.000 €

Coprodución con IP igual ou superior ao 20 %

25 %

350.000 €

Coprodución con IP inferior ao 20 %

25 %

300.000 €

Servizo de produción

18 %

300.000 €

Outras empresas produtoras

Longametraxe ou serie

1.500.000 €

Coprodución ou servizo de produción

10 %

300.000 €

7. Concorrencia de subvencións: seguindo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto de calquera departamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pero son compatibles coas axudas doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % do importe subvencionable, ou o 60 % no caso das producións transfronteirizas financiadas por máis dun Estado membro da Unión Europea e nas cales participen produtoras de máis dun Estado membro.

Con todo, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 63.9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados (en diante, Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), de maneira que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión coa condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para obter axuda doutro fondo ou instrumento da Unión ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa distinto.

8. A esta convocatoria seralle de aplicación o disposto no artigo 21.2 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, segundo as disposicións da Unión Europea nesta materia, exceptúanse da aplicación os límites previstos no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión ás producións que teñen a consideración de «obra difícil», segundo o real decreto citado, e aplicaranse as porcentaxes previstas nel, que chegan ata o 85 % segundo os supostos previstos.

9. Para os efectos de comprobación do cumprimento das intensidades máximas de axuda, as persoas beneficiarias deberán declarar o gasto total da produción audiovisual e as axudas, subvencións, ingresos ou recursos aplicados a este.

Artigo 4. Proxectos subvencionables. Modalidades e requisitos

A persoa solicitante deberá presentar unha proposta de produción audiovisual que se axuste aos seguintes requisitos:

1. Produción que teña como destino final principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en canles de televisión ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda (VOD) con implantación xeográfica nacional e internacional e que se poida encadrar nas seguintes modalidades:

1.1. Longametraxe de ficción que teña un mínimo de 60 minutos de duración.

1.2. Serie de ficción cunha duración mínima de experiencia do espectador de 150 minutos que se corresponda cunha primeira ou segunda tempada.

2. Deberá dispor dun financiamento mínimo do 60 % do custo total da produción audiovisual acreditada convenientemente no momento de presentar a solicitude ou acreditar ter asinado un acordo para realizar os servizos de produción (service).

3. O orzamento do proxecto subvencionable (gasto en Galicia) da produción audiovisual, longametraxe ou serie, deberá supor un importe mínimo de 1.500.000 €. Cando a entidade solicitante acredite actividade en Galicia, de conformidade co artigo 1.3.c), o importe mínimo de gasto será de 1.000.000 € no caso das longametraxes e de 1.300.000 € cando se trate dunha serie de ficción.

4. O orzamento do proxecto subvencionable deberá supor un gasto mínimo en concepto de gastos de persoal subvencionables do 40 %.

5. A proposta de produción audiovisual deberá garantir unha duración mínima de rodaxe efectiva en Galicia de 20 días laborables, nun período máximo de 6 semanas.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que se realicen en Galicia, que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a execución do proxecto subvencionado con base na descrición deste na solicitude e memoria técnica. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

3. Só se admitirán aqueles gastos realizados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria. Deste xeito, só se considerará gasto subvencionable o que fora executado e pagado dentro do prazo indicado na resolución da axuda.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á persoa beneficiaria lle corresponda liquidar eses gastos.

4. Co fin de cumprir co efecto incentivador do Regulamento (UE) nº 651/2014, os gastos subvencionables non poderán comezar antes da presentación da solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.

5. Os custos subvencionables para os efectos destas bases descríbense no modelo complementario anexo a esta convocatoria, e fan referencia a:

5.1. Gastos de persoal. Considéranse custos de persoal subvencionables tanto os custos brutos de emprego do persoal efectuados directamente pola persoa beneficiaria da subvención, como os custos derivados de contratos de servizos prestados por persoal externo sempre que os devanditos custos poidan identificarse claramente. Para o caso de contratación laboral directa, os custos brutos de emprego do persoal recollerán, tamén, os custos derivados dos seguros sociais obrigatorios.

Neste punto inclúese:

a) Guión e música. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados co guión e a música, tales como reescritura de guión, diálogos adicionais, traducións, arranxos, dirección de orquestra, gravación e intérpretes, sempre que os ditos conceptos non formen parte dos materiais de desenvolvemento dos proxectos e así figuren nos contratos asinados para a coprodución ou execución dos servizos de produción das obras audiovisuais.

b) Persoal artístico. Enténdese por persoal artístico o elenco actoral tanto de protagonistas como de principais, secundarios, figuración, especialistas dobraxe e calquera outro persoal que poida encadrarse nesta categoría.

c) Persoal técnico e administrativo. Nesta epígrafe recóllese o equipo de dirección, produción, fotografía, decoración, xastraría, maquillaxe, barbaría, efectos especiais e efectos sonoros, equipo de son, montaxe, electricistas e maquinistas ou o persoal complementario tal como asistencia sanitaria, gardas de seguridade, peóns. Así mesmo, considerarase o persoal administrativo pola parte que corresponda ao proxecto, calculado mediante un rateo en función da súa participación nel, sempre que se poida acreditar que o seu centro de traballo está localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderase considerar custo subvencionable a remuneración da persoa que exerza a produción executiva en Galicia ata un 5 % do orzamento subvencionable do proxecto presentado. Ademais, só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva. Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa produtora executiva, deberá xuntarse o contrato correspondente e a súa factura, se a relación é laboral, deberá achegarse, xunto ao contrato, a nómina correspondente, con indicación expresa do réxime xeral da Seguridade Social.

Para os efectos desta convocatoria só se considerarán gastos de persoal subvencionables os executados en Galicia, durante o período subvencionable, e ata un importe máximo de 75.000 euros por profesional.

Un mesmo profesional non poderá xerar custo subvencionable por máis de dúas funcións dentro da produción.

5.2. Outros gastos subvencionables.

Terán a consideración de gastos subvencionables elixibles, para o cálculo do 40 % de custos subvencionables distintos de persoal, aqueles que se refiren a algunha das categorías que se describen a seguir:

5.2.1. Escenografía. Consideraranse gastos subvencionables os relativos á construción, montaxe e desmontaxe de decorados xa sexan en interior ou exterior, así como o seu alugamento. Tamén todos os compoñentes da ambientación en escena, o vestiario e calquera outro servizo necesario para a posta en escena como animais, carruaxes e calquera outro elemento preciso para esta finalidade.

5.2.2. Estudios de rodaxe, sonorización e produción. Os gastos subvencionables deste capítulo fan referencia ao custo dos estudios de rodaxe, tales como alugamento de estudios, rodaxe en exteriores, instalacións complementarias, así como os custos en servizos de montaxe e sonorización (salas de montaxe, proxección, dobraxe, efectos sonoros, gravación, mesturas, transcricións).

Tamén se consideran gastos subvencionables os relativos á produción, como as copias do guión, fotocopias en rodaxe, alugamento de camerinos, caravanas, almacéns, limpeza, gastos relacionados coas medidas sanitarias de aplicación, e todos aqueles vinculados á produción necesarios para un correcto desenvolvemento da rodaxe.

5.2.3. Maquinaria de rodaxe e transportes. Serán gastos subvencionables aqueles relativos ao custo de alugamento da maquinaria e elementos de rodaxe como cámaras, obxectivos especiais e complementarios, accesorios de rodaxe, material de iluminación, guindastres, plataformas elevadoras, grupos electróxenos, equipos de son, alugamento de helicópteros, avións, drons ou barcos, así como outros medios de transporte utilizados para os desprazamentos da rodaxe: camións, autobuses, furgonetas, coches e calquera outro utilizado para este fin.

5.2.4. Desprazamento, aloxamento e manutención. Terán a consideración de gastos subvencionables os producidos durante o período de rodaxe, localizacións para a rodaxe e período de posprodución que se produzan en Galicia.

5.2.5. Seguros. Consideraranse gastos subvencionables aqueles gastos en seguros que se correspondan coa natureza da produción audiovisual e se refiran ao tempo efectivo da súa execución en Galicia.

5.2.6. Custos indirectos. Poderanse considerar gastos subvencionables aqueles gastos, distintos de persoal, que se orixinan no centro de traballo en Galicia, que sen estaren directamente relacionados co proxecto son necesarios para a súa execución, tales como alugamento da oficina, mensaxaría, subministracións de servizos básicos e comunicacións, que se correspondan co período subvencionable.

5.2.7. Publicidade e promoción. Serán subvencionables os gastos de publicidade e promoción da obra efectuados pola empresa produtora, se a persoa beneficiaria da subvención posúe cando menos un 20 % dos dereitos de propiedade industrial da obra. Este concepto inclúe a elaboración do tráiler e o making of da produción audiovisual.

6. Esta convocatoria baséase no financiamento a tipo fixo dos custos subvencionables distintos dos custos directos de persoal, en aplicación do artigo 56 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Así, para cubrir os custos subvencionables, distintos de persoal, descritos anteriormente, utilizarase un tipo fixo do 40 % que se calculará sobre os custos directos de persoal subvencionables.

7. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia e a Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros de demora, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto, non serán computados como gasto subvencionable o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

8. Non terán a consideración de gastos subvencionables:

a) Os gastos suntuarios, entendéndose por tales aqueles que non achegan valor ao proxecto, as gratificacións, os agasallos protocolarios, os premios nin os gastos relativos aos servizos de representación e protocolo.

b) Os gastos en servizos relacionados coa xestión empresarial por parte dos produtores ou coprodutores.

c) Os gastos en asistencia xurídica, ou de consultoría en calquera materia.

d) Os gastos derivados da compra de activos fixos, propiedade ou dispositivos electrónicos de consumo nin outros gastos que supoñan un incremento patrimonial da persoa beneficiaria.

e) A facturación realizada entre as empresas coprodutoras da obra audiovisual.

Artigo 6. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor con que se pretenda contratar a actividade.

2. Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizo de produción con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.

3. Admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 40 % do custo subvencionable da película, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratadas con máis dunha empresa. No correspondente ao cumprimento normativo relativo á subcontratación, observarase o disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. En ningún caso a persoa beneficiaria poderá concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos comprendidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007.

No referente á contratación de empresas vinculadas á persoa beneficiaria, ademais respectar o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, só se computarán para os efectos de xustificación da subvención os gastos dun máximo de dúas empresas vinculadas á persoa beneficiaria, cun límite máximo de 50.000 euros por empresa. A persoa beneficiaria deberá solicitar a autorización do órgano concedente con carácter previo ao compromiso de gasto.

Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O informe de auditoría que presente a empresa produtora da película xunto á solicitude de pagamento deberá incluír unha relación detallada de todas as empresas vinculadas a esta.

Artigo 7. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Na solicitude (anexo II) constan as seguintes declaracións responsables:

3.1. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

3.2. Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e de aceptación das condicións e obrigas recollidas nesta convocatoria.

3.3. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.4. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.5. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

3.6. Declaración responsable de que coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 sobre empresas vinculadas e o establecido nestas bases.

3.7. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda e garantir a súa sustentabilidade financeira.

3.8. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

3.9. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento polo órgano concedente, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Este prazo quedará interrompido se se inicia un procedemento xudicial ou por pedimento da Comisión da UE.

3.10. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

3.11. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

3.12. Declaración responsable de non estar considerada empresa en crise no momento da presentación da solicitude nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior. Con todo, a Axencia Galega das Industrias Culturais utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3.13. Declaración responsable de que o proxecto financiado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (principio do no significant harm-DNSH), previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientais sustentables.

3.14. Declaración responsable de que o proxecto financiado cumpre co establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC) relativo aos principios horizontais en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

3.15. Declaración responsable de que o proxecto non se iniciou antes da presentación da solicitude de axuda.

3.16. Declaración de que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA).

3.17. Declaración de que a entidade solicitante ou, de ser o caso, as empresas que integran a entidade xurídica solicitante, cumpren cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

3.18. Que realizará en Galicia as actividades para as cales solicita a axuda.

Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día 9 de abril de 2026 ás 9.00 horas e rematará o día 1 de outubro de 2026 ás 20.00 horas.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican n1a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non facelo, se considerará que desiste da súa petición, despois de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

– Documentación administrativa:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Documentación acreditativa de estar comprendida na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo o Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE-L-2014-81403), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual. Para estes efectos, a persoa solicitante deberá achegar as contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou o modelo 200 do imposto de sociedades do último exercicio fiscal.

Para o caso de que a persoa solicitante sexa unha AIE, deberá achegarse esta mesma documentación de todas as empresas que a conforman.

A Agadic realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

1.5. Documentación acreditativa de que a persoa solicitante é propietaria dun mínimo do 20 % dos dereitos de propiedade da obra, ou do 15 % ou do 10 % segundo estas bases, cando se trate dunha coprodución. A participación da persoa solicitante nos dereitos de propiedade da obra deberá acreditarse no contrato ou contratos subscritos ou, na súa falta, a porcentaxe de participación calcularase en función dos compromisos económicos adquiridos con respecto ao custo total da produción audiovisual.

1.6. Contrato para realizar os servizos de produción en Galicia da obra, cando se trate dun encargo de produción.

1.7. Escrito asinado pola entidade que teña a propiedade maioritaria da obra ou pola entidade contratante, segundo se trate dunha coprodución ou dun servizo de produción, en que conste o compromiso de autorizar o cumprimento das obrigas estipuladas no artigo 17.k).2, 3, 5, 6 destas bases.

1.8. Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles, no caso de que a entidade solicitante sexa coprodutora da obra.

– Documentación técnica:

1.9. Documentación que acredite o cumprimento do establecido no artigo 2.3 destas bases por parte da entidade solicitante ou da persoa responsable da produción executiva en Galicia. En concreto deberase achegar:

1.9.1. Ficha publicada na base de datos de películas cualificadas do ICAA, para o caso das longametraxes cinematográficas de ficción. No caso de acreditar o historial da persoa responsable da produción executiva, esta deberá figurar no desempeño da mesma función na ficha da película.

1.9.2. Certificado ou informe expedido pola canle de televisión ou plataforma de VOD, para o caso das series de ficción, en que se especifique a emisión da obra en dous ou máis países.

1.10. Orzamento estimado de custos do proxecto subvencionable segundo o anexo III da convocatoria, desagregado por capítulos de gasto.

1.11. Cronograma da produción en Galicia en que se relacionen as zonas xeográficas onde se realizará a produción audiovisual e se especifiquen as localizacións galegas, os días de rodaxe que terán lugar en Galicia e a porcentaxe destes con respecto á totalidade da rodaxe da produción audiovisual.

1.12. Plan de financiamento. As persoas solicitantes deberán acreditar que dispoñen dos recursos financeiros suficientes para efectuar os traballos obxecto da subvención:

1.12.1. Para os proxectos en coprodución, a persoa solicitante deberá presentar un plan de financiamento da produción audiovisual, con indicación do importe total dela e as diferentes fontes de financiamento para a súa realización. Neste sentido, deberá presentar a documentación que acredite que a produción audiovisual posúe un financiamento mínimo en firme de, polo menos, o 60 % sobre o seu custo total, tales como:

– Resolucións definitivas de concesión doutras axudas públicas compatibles con esta convocatoria ou certificación de concesión expedida polo órgano concedente.

– Contratos de vendas e distribución asinados con data posterior ao 30 de xuño de 2025, ou actualización ou addenda destes, no caso de que a sinatura teña unha data anterior.

– Contratos de coprodución ou de cesión de dereitos de emisión con canles de televisión e/ou plataformas de VOD.

– Documentación xustificativa das operacións de desgravacións e/ou incentivos fiscais.

– Outros compromisos de investimento privado que deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa solicitante.

1.12.2. Para os proxectos con encargo do servizo de produción, a persoa solicitante deberá presentar o contrato subscrito para a execución do proxecto audiovisual, acompañado da versión traducida para algunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, de ser preciso.

1.13. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Comprobacións de subvencións e axudas públicas concedidas.

– Consulta de titulares reais ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Publicación e notificación das resolucións e actos administrativos

1. Publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución da convocatoria.

2. Así mesmo, efectuarase a notificación de todos os actos administrativos e resolución que remate o procedemento de concesión, de acordo co establecido nos puntos seguintes.

3. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranses só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

6. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

7. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a proporcionar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que a proposta provisional de resolución será efectuada pola Dirección da Axencia, que se elevará á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, conforme o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro. Considerarase como data de entrada no rexistro a que se corresponda coa última documentación que permita concluír que o expediente está completo e cumpre todos os requisitos para ser subvencionado.

2. Ao tratarse dunha convocatoria aberta en que se dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, unha vez esgotado o crédito da partida orzamentaria asignada inadmitiranse posteriores solicitudes e publicarase a dita circunstancia no DOG e na páxina web da Agadic. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos cale se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas, para garantir o cumprimento de todos os requisitos establecidos.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta provisional de resolución, e poderalle requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. En todo caso, non se admitirán a trámite, e ditarase a resolución de inadmisión e arquivamento, as solicitudes que se presenten fóra do prazo de solicitude establecido nestas bases.

Artigo 15. Resolución da convocatoria

1. Tras a comprobación polo órgano instrutor do cumprimento dos requisitos por cada solicitude, elevará a proposta de resolución concesión definitiva á Presidencia da Agadic para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

3. A resolución de concesión expresará, cando menos, os seguintes datos:

a) A identificación da persoa beneficiaria da axuda.

b) O importe global da axuda e a desagregación do devandito importe por anualidades.

4. A Presidencia do Consello Reitor tamén deberá ditar resolución expresa, tras a proposta do órgano instrutor, das solicitudes inadmitidas e desestimadas; en ambos os casos se deberá reflectir a causa da non admisión e da desestimación.

5. En todo caso, deberá notificarse a cada persoa beneficiaria un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

6. A aceptación da axuda, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Función Pública co contido previsto no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

7. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

8. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da presentación das solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

9. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, a notificación individual de concesión da axuda acompañarase tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

10. Esta resolución porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os recursos establecidos no artigo 30 destas bases.

Artigo 16. Aceptación e renuncia da subvención

1. A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través do modelo achegado pola Agadic á persoa beneficiaria. O dito documento deberá ser asinado polo representante legal nun prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da recepción do DECA. A falta desta aceptación expresa terá como consecuencia a perda do dereito á obtención da axuda e o arquivamento do expediente.

2. No caso de que a subvención concedida sexa inferior ao importe solicitado, as persoas beneficiarias poderán remitir á Agadic un novo orzamento estimado de gastos (anexo III) adaptado á subvención concedida que, como máximo, se reaxustará pola diferenza entre ambas as cantidades. A reformulación do orzamento deberá respectar o obxecto, condicións e finalidade da subvención, así como os requisitos exixibles para a súa concesión. Esta documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde a notificación da resolución de concesión.

3. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 17. Obrigas das persoas beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Reintegrar, total ou parcialmente, a subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Proporcionar á Administración, despois de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC) e o Regulamento (UE) nº 2021/1058, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular a Agadic, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ou, en xeral, ás verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC) que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e outras instancias de control como a Oficina de Loita Contra a Fraude ou a Fiscalía Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Neste sentido, a persoa beneficiaria estará obrigada a facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da Unión, no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non poda dispor dela.

h) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

i) Desenvolver as actividades financiadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

j) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das posibles cantidades desviadas.

k) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, segundo o previsto nos artigos 47, 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), a persoa beneficiaria deberá:

1. Recoñecer o apoio na súa páxina web oficial, cando exista, e nas contas de redes sociais en que se aluda á produción audiovisual e sexan administradas pola persoa beneficiaria, destacando a axuda económica da Unión Europea.

2. Presentar unha declaración que destaque de forma visible a axuda da Unión Europea, en todos os documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación que xere a entidade beneficiaria.

3. Exhibir, en lugar ben visible para o público, polo menos, un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación, onde se destaque a axuda con fondos da Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información adecuada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, en lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

Este cartel deberá estar presente en todos os lugares onde se desenvolva o obxecto da axuda, tanto nos lugares de gravación durante a súa realización (sen interferir nela) como na sede do centro de traballo principal.

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

4. Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que se elaboren no marco da actuación. Este material deberá estar á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.

5. Incluír, nos títulos de crédito iniciais ou finais da produción, cando se trate dunha longametraxe, en tarxeta única, a mención «Rodado en Galicia como proxecto cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, coa subvención da Xunta de Galicia», utilizando as súas marcas principais.

No caso das series, a tarxeta única deberá figurar nos títulos de crédito iniciais do primeiro capítulo ou nos créditos finais de cada un dos demais capítulos, onde se deberá incluír a referencia «Rodado en Galicia como proxecto cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, coa subvención da Xunta de Galicia», utilizando as súas marcas principais.

6. Respectar, en todo caso, as directrices contidas no documento sobre o uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027 (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf), e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto a unha declaración sinxela en relación co cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea (Cofinanciado pola Unión Europea), e máis o logotipo de fondos europeos. Estes emblemas e logotipos, listos para o seu uso, poderán descargarse na seguinte ligazón:

https://www.conselleriadefacenda.gal/documents/20696201/20982442/Logos_web.zip

Os requisitos de comunicación destas axudas e as súas instrucións estarán á disposición de todas as persoas beneficiarias na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (https://industriasculturais.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

l) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.

m) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o órgano concedente efectúe o último pagamento, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Este prazo quedará interrompido se se inicia un procedemento xudicial ou por pedimento da Comisión da UE.

n) As persoas beneficiarias deberán:

1. Comunicar á Agadic, con polo menos 15 días de antelación, as datas efectivas de inicio e fin da rodaxe ou gravación da produción subvencionada, que deberán estar comprendidas dentro do período subvencionable, así como todos os cambios que se produzan na súa planificación.

2. Entregar na Agadic os materiais acreditativos da realización do proxecto audiovisual en Galicia, entendendo por tal, cando menos, a primeira montaxe da obra audiovisual.

3. Depositar na Axencia Galega das Industrias Culturais o seguinte material xustificativo:

Unha copia en perfecto estado e na versión orixinal da obra audiovisual. Se a obra foi rodada, montada e/ou estreada en soporte fotoquímico, a copia entregarase en 35 mm ou 16 mm, segundo corresponda. Se a obra foi rodada, montada e/ou estreada en dixital achegaranse as seguintes copias:

– DCP, que cumpra a normativa DCI e non encriptado.

– DCDM.

– ProRes 422 HQ ou superior.

– Un arquivo dixital da obra (Codec h264 ou compatible, que se poida visionar nun ordenador).

Os arquivos serán os de máis resolución e calidade tanto de imaxe como de son (preferiblemente con mestura en 5.1 ou 2.0 para as obras con son monoaural) utilizados na produción e da versión orixinal.

Este depósito deberá realizarse, de ser posible, coa xustificación e, en todo caso, doce meses despois da aprobación da xustificación pola Agadic e do aboamento da totalidade da subvención a que se teña dereito.

4. Cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias da subvención na modalidade de coprodución estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, tráilers e outros materiais) para actividades de promoción do audiovisual galego.

5. Cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitar datos de produción que se consideren oportunos, en particular os relacionados co custo total do proxecto, separando o custo total daquel efectuado en Galicia, para os efectos de elaborar informes estatísticos.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, e deben obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorreren na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, alteracións nos importes dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión que non superen o 20 %, sempre que se compensen os incrementos duns con diminucións doutros, e que esta circunstancia non modifique o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da persoa beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle á persoa interesada.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada, sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Esta convocatoria réxese, para os efectos da súa xustificación, polo establecido no artigo 56 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), o que significa que a persoa beneficiaria deberá xustificar todos os custos directos de persoal a custo real e, para cubrir o resto de custos subvencionables da operación, aplicarase un tipo fixo do 40 % de forma directa, cuxo cálculo se efectuará sobre o importe resultante da xustificación dos custos de persoal considerada correcta. Os custos directos de persoal que se xustifiquen deberán representar, como mínimo, un 40 % do orzamento do proxecto subvencionable.

2. Só serán computados para os efectos de xustificación os gastos de persoal que fosen efectivamente realizados e pagados no período subvencionable determinado na resolución de concesión da subvención. Esta circunstancia deberá acreditarse documentalmente, mediante copia das facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria a empresa produtora e cuxo expedidor quede identificado nelas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola persoa beneficiaria e as cotizacións á Seguridade Social. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberá presentarse copia das facturas ou documentos xustificativos, acompañados da documentación acreditativa do pagamento, en concreto copia dos extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos pola persoa beneficiaria. Toda esta documentación deberá acompañarse dunha memoria económica abreviada que conteña a descrición dos custos de persoal coa identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

3. As facturas correspondentes aos contratos mercantís formalizados entre a persoa beneficiaria e as empresas prestadoras do servizo, susceptible de ser considerado gasto de persoal, deberán recoller especificamente os custos de persoal individualizados a que fan referencia, así como unha breve descrición do servizo prestado.

4. A persoa beneficiaria deberá presentar a relación dos custos considerados subvencionables seguindo o modelo complementario desta convocatoria.

5. A persoa beneficiaria deberá remitir, de ser o caso, os tres orzamentos que deba solicitar, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan, nos casos en que proceda.

6. A persoa beneficiaria presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo IV).

7. Os prazos para a xustificación son os seguintes:

– Primeira anualidade 2026: desde a resolución de concesión ata o 10 de decembro de 2026.

– Segunda anualidade: desde o 11 de decembro de 2026 ata o 30 de setembro de 2027.

8. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación é inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumpra o fin para o cal se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

9. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

10. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

11. Cando á persoa beneficiaria se lle outorgase unha subvención por importe superior a 30.000 euros e sexa un suxeito dos incluídos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, terá que cumprir os prazos de pagamento establecidos no punto anterior, circunstancia que se acreditará coa presentación da conta de perdas e ganancias abreviada e, no caso de que non poida presentar a dita conta, o cumprimento dos prazos legais de pagamento acreditaranse coa certificación dun auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

Artigo 20. Informe de auditoría

1. A persoa beneficiaria deberá anexar un informe de auditoría de contas realizado por persoa habilitada rexistrada como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O auditor de contas levará a cabo a revisión do grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas en Galicia, así como a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nestas bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

O devandito informe deberá conter a descrición do alcance do traballo realizado, a referencia aos procedementos efectuados ou a descrición destes nun anexo, a conclusión do auditor indicando que o estado de custos do proxecto se preparou segundo o establecido nesta resolución, o nome do auditor, a sinatura e a data.

2. A Agadic, no exercicio das súas facultades de comprobación, poderá solicitar a documentación xustificativa ou mesmo unha nova auditoría, que efectúe un auditor designado pola Agadic e ao seu cargo, de todos os gastos de persoal acreditados para a xustificación da subvención.

3. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos, e o seu correspondente pagamento, que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, comprobando, en especial:

1º. Contratos laborais formalizados pola empresa produtora cos autores, actores e outros artistas, persoal creativo e demais persoal técnico, en que se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que, se é o caso, correspondese, así como as nóminas referentes aos devanditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren.

2º. Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e o persoal autónomo, que inclúan, se é o caso, o produtor executivo, ou aqueles en que se fundamente a participación na película de autores, actores ou outros artistas, así como as facturas relativas a tales contratos.

3º. Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e as empresas prestadoras dun servizo susceptible de ser considerado gasto de persoal. As facturas correspondentes a estes contratos deberán recoller especificamente os custos de persoal individualizados a que fan referencia, xunto a unha breve descrición do servizo prestado.

4º. Contratos relativos á adquisición dos dereitos que sexan necesarios para a realización da película, así como as facturas relativas aos devanditos contratos, de ser o caso.

b) No que se refire ao capítulo doutros custos subvencionables, a auditoría comprobará que a relación de custos subvencionables distintos de persoal coincide con algún dos descritos no número 5.2. do artigo 5 destas bases.

c) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e Seguridade Social e as rexistradas contablemente.

d) Indicación das subvencións, axudas, recursos o ingresos percibidos para o proxecto subvencionado realizados por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, así como das efectuadas en concepto de coprodutor ou de produtor asociado e calquera outra achega financeira, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvención permitidos.

e) Relación das empresas subcontratistas e/ou vinculadas. Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á persoa beneficiaria, coa descrición do servizo prestado e o seu importe, así como a relación de empresas subcontratistas. Neste sentido, indicarase o cumprimento do establecido nos artigos 5 e 6 destas bases.

f) Especificación do cumprimento do sinalado no artigo 5 en relación cos gastos non subvencionables.

4. Nos casos en que a persoa beneficiaria estea obrigada a que audite as súas contas anuais un auditor sometido á Lei 22/2015, do 20 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. Noutro caso, a designación de auditor será realizada pola persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria estará obrigada a pór á disposición do auditor de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na alínea f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos co obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na lei.

Artigo 21. Pagamento da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente a documentación xustificativa da subvención, ademais dos formularios establecidos para o efecto (anexo IV xunto co modelo complementario) debidamente cubertos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase coa condición de que se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas nesta resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o que se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Pagamentos anticipados.

As persoas beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que establece que o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar unha porcentaxe maior da determinada no devandito decreto. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e non poderá exceder o importe da subvención da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

4. Pagamentos á conta.

Poderanse realizar pagamentos á conta de ata un 80 % da subvención concedida respondendo o ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedan non poderá ser superior ao 80 % da subvención concedida, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

6. As persoas beneficiarias que soliciten ou ás cales se lles concedan pagamentos anticipados ou pagamentos á conta quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto, 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta de Galicia, de conformidade co artigo 67.4.

Artigo 22. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento por parte da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboou a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 23. Causas de reintegro

1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. Pola contra, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) A falsidade, inexactitude ou omisión dos datos proporcionados pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 17 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro recollidas no artigo 17.f) destas bases reguladoras, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

g) A obtención de financiamento de distintas orixes ou concorrencia de subvencións por encima do custo das actividades subvencionadas.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 24. Gradación dos incumprimentos

1. Serán causa de reintegro total da axuda e, se é o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) O incumprimento total e manifesto dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión de axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación. En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando o custo xustificado sobre o custo total subvencionable do proxecto sexa inferior ao 60 %. Procederase de xeito análogo cando exista un informe final negativo por non satisfaceren correctamente os compromisos e os obxectivos do proxecto.

c) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.

d) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Agadic, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Administración do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou, en xeral, as comprobacións e verificacións que realicen o organismo intermedio, a autoridade de xestión e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo ou outras instancias de control, en particular, as verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

e) Non comunicar á Agadic a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

f) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

g) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional. Procederase de xeito análogo coa percepción doutras subvencións públicas incompatibles coa subvención prevista nestas bases reguladoras.

h) Non depositar na Agadic o material especificado nestas bases no tempo e forma que estas determinen.

2. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda da seguinte maneira:

a) O incumprimento da aplicación das medidas de publicidade en relación co financiamento Feder establecido no artigo 17.k) suporá a perda de ata un 3 % da subvención concedida.

b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder, que suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a persoa beneficiaria para que devolva os fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas), estas deberán xustificarse en todo caso para pagar a subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 25. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións será iniciado de oficio pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro porá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 26. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, proporase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control que realice a Agadic para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Administración do Estado, ao Tribunal de Contas Europeo o outras instancias de control, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

Artigo 27. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá pór os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.igae.papa.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 28. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.5. Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, e Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, que modifica o anterior.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e política de visados.

2.2. Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

2.3. Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

2.4. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2.5. Regulamento UE núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

2.6. Real decreto lexislativo 1/2023, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral das persoas con discapacidade e a súa inclusión social.

Artigo 29. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, a persoa beneficiaria, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

Artigo 30. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso ou desde o día seguinte a aquel en que se produciu o acto presunto. Transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

En aplicación da disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Agadic, que establece que «o réxime de delegación en materia de axudas e subvencións públicas será o que se estableza, de ser o caso, nas correspondentes resolucións de convocatoria», deléganse no director da Axencia Galega das Industrias Culturais as modificacións, aceptacións das renuncias presentadas e outras incidencias das axudas previstas nesta orde, tales como redistribucións de anualidades, acordos de inicio e resolucións de procedementos de reintegros e perdas de dereito total ou parcial ao cobramento da subvención.

Disposición adicional segunda. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Modelo complementario:

Resumo xeral

Orzamento total

Remuneración bruta

Base impoñible

IVE

Cap. 01. Guión e música

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 02. Persoal artístico

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 03. Equipo técnico

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 04. Escenografía

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 05. Est. rod. / son. e varios produción

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 06. Maquinaria, rodaxe e transportes

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 07. Viaxes, hoteis e comidas

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 08. Película virxe (non aplica)

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 09. Laboratorio (non aplica)

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 10. Seguros

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 11. Gastos xerais/centro de traballo

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Cap. 12. Gastos explotación, comercio e financiamento

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Total

0,00 €

0,00 €

0,00 €

0,00 €

Nóminas

Servizos

Capítulo 01. Guión e música (máx. 75.0000 €/profesional)

Total

Remuneración bruta

Salario bruto *

Seg. Soc. empresa

Custo total

Base impoñible

IVE

01.01. Guión

01.01.01.

Dereitos de autor (nome)

0,00 €

01.01.02.

Argumento orixinal (nome)

0,00 €

01.01.03.

Guión (nome)

0,00 €

01.01.04.

Diálogos adicionais

0,00 €

01.01.05.

Traducións

0,00 €

01.02. Música e imaxes

01.02.01.

Dereitos autor músicas

0,00 €

01.02.02.

Dereitos autor cancións

0,00 €

01.02.03.

Compositor música de fondo

0,00 €

01.02.04.

Arranxador

0,00 €

01.02.05.

Director orquestra

0,00 €

01.02.06.

Profesores gravación cancións

0,00 €

01.02.07.

Ídem música de fondo

0,00 €

01.02.08.

Cantantes

0,00 €

01.02.09.

Coros

0,00 €

01.02.10.

Dereitos imaxes fixas

0,00 €

01.02.11.

Dereitos audiovisuais

0,00 €

Total capítulo 01

0,00 €

(*) Incluídas horas extra (se procede), retencións IRPF e Seguridade Social

Capítulo 02. Persoal artístico (máx. 75.0000 €/profesional)

Total

Nóminas

Servizo

Remuneración bruta

Salario bruto*

Seg. Soc. empresa

Custo total

Base impoñible

IVE

02.01. Protagonistas

02.01.01.

(nome)

0,00 €

02.02.02.

(nome)

0,00 €

02.02. Principais

02.02.01.

(nome)

0,00 €

02.02.02.

(nome)

0,00 €

02.03. Secundarios

02.03.01.

(nome)

0,00 €

02.03.02.

(nome)

0,00 €

02.03.03.

(nome)

0,00 €

02.03.04.

(nome)

0,00 €

02.04. Pequenas partes

02.04.01.

0,00 €

02.05. Figuración

02.05.01.

Agrupacións

0,00 €

02.05.02.

Local en

0,00 €

02.05.03.

Local en

0,00 €

02.05.04.

Local en

0,00 €

02.05.05.

Dobres de luces

0,00 €

02.06. Especialistas

02.06.01.

Dobres de acción

0,00 €

02.06.02.

Mestre de armas

0,00 €

02.06.03.

Especialistas

0,00 €

02.06.04.

Cabalistas

0,00 €

02.07. Ballet e orquestras

02.07.01.

Coreógrafo

0,00 €

02.07.02.

Bailaríns

0,00 €

02.07.03.

Corpo de baile

0,00 €

02.07.04.

Orquestras

0,00 €

02.08. Dobraxe e efectos sonoros

02.08.01.

Director de dobraxe (nome)

0,00 €

02.08.02.

Dobrador para.............................................

0,00 €

02.08.03.

Dobrador para.............................................

0,00 €

02.08.04.

Dobrador para.............................................

0,00 €

02.08.05.

Dobrador para.............................................

0,00 €

02.08.06.

Dobrador para.............................................

0,00 €

Total capítulo 02

0,00 €

(*) Incluídas horas extra (se procede), retencións IRPF e Seguridade Social traballador

Capítulo 03. Persoal técnico (máx. 75.0000 €/profesional)

Total

Nóminas

Servizo

Remuneración bruta

Salario bruto

Seg. Soc. empresa

Custo total

Base impoñible

IVE

03.01. Dirección

03.01.01.

Director, nome

0,00 €

03.01.02.

Primeiro axudante de dirección, nome

0,00 €

03.01.03.

Secretario de rodaxe, nome

0,00 €

03.01.04.

Auxiliar de dirección, nome

0,00 €

03.01.05.

Director de elenco, nome

0,00 €

03.02. Produción e persoal administrativo**

03.02.01.

Produtor executivo, nome

0,00 €

03.02.02.

Director de produción, nome

0,00 €

03.02.03.

Xefe de produción, nome

0,00 €

03.02.04.

Primeiro axudante de produción, nome

0,00 €

03.02.05.

Rexedor, nome

0,00 €

03.02.06.

Auxiliar de produción, nome

0,00 €

03.02.07.

Caixeiro-pagador, nome

0,00 €

03.02.08.

Secretaría produción, nome

0,00 €

03.02.09.

Persoal administrativo 1

0,00 €

03.02.10.

Persoal administrativo 2

0,00 €

03.02.11.

Persoal administrativo 3

0,00 €

03.03 Fotografía

03.03.01.

Director de fotografía, nome

0,00 €

03.03.02.

Segundo operador, nome

0,00 €

03.03.03.

Axte. (foquista), nome

0,00 €

03.03.04.

Auxiliar de cámara, nome

0,00 €

03.03.05.

Fotógrafo de escenas (fotofixa), nome

0,00 €

03.04. Decoración

03.04.01.

Decorador, nome

0,00 €

03.04.02.

Axte. decoración, nome

0,00 €

03.04.03.

Ambientador, nome

0,00 €

03.04.04.

Attrezzista 

0,00 €

03.04.05.

Tapiceiro

0,00 €

03.04.06.

Construtor xefe

0,00 €

03.04.07.

Pintor

0,00 €

03.04.08

Carpinteiro

0,00 €

03.05. Xastraría

03.05.01.

Figurinista, nome

0,00 €

03.05.02.

Xefe xastraría, nome

0,00 €

03.05.03.

Xastre

0,00 €

03.06. Maquillaxe

03.06.01.

Maquillador, nome

0,00 €

03.06.02.

Axte. maquillaxe

0,00 €

03.06.03.

Auxiliar

0,00 €

03.06.04.

Reforzo maquillaxe

0,00 €

03.07. Peiteado

03.07.01.

Peiteador, nome

0,00 €

03.07.02.

Axudante peiteado

0,00 €

03.07.03.

Auxiliar peiteado

0,00 €

03.07.04.

Reforzo peiteado

0,00 €

03.08. Efectos especiais

03.08.01.

Xefe efectos especiais, nome

0,00 €

03.08.02.

Axudante

0,00 €

03.08.03.

Armeiro

0,00 €

03.08.04.

Xefe efectos sonoros, nome

0,00 €

03.08.05.

Ambientes

0,00 €

03.08.06.

Efectos sala

0,00 €

03.09. Son

03.09.01

Xefe son, nome

0,00 €

03.09.02

Axte. son

0,00 €

03.10. Montaxe/edición

03.10.01

Montador, nome

0,00 €

03.10.02

Axudante

0,00 €

03.10.03

Auxiliar

0,00 €

03.11. Electricistas e maquinistas

03.11.01.

Xefe electricistas, nome

0,00 €

03.11.02

Electricistas

0,00 €

03.11.03.

Maquinistas

0,00 €

03.12. Persoal complementario

03.12.01.

Asistencia sanitaria

0,00 €

03.12.02.

Gardas

0,00 €

03.12.03.

Peóns

0,00 €

03.13. Segunda unidade

03.13.01.

Director, nome

0,00 €

03.13.02.

Xefe produción, nome

0,00 €

03.13.03.

Primeiro operador

0,00 €

03.13.04.

Segundo operador

0,00 €

03.13.05.

Axudante dirección

0,00 €

03.13.06.

Axudante produción

0,00 €

03.13.07.

Axudante cámara

0,00 €

Total capítulo 03

0,00 €

(*) Incluídas horas extra (se procede), retencións IRPF e Seguridade Social

(**) Só pola parte que corresponda ao proxecto, calculada por rateo, e sempre que se poida acreditar que o seu centro de traballo está localizado na C.A. de Galicia

Capítulo 04. Escenografía

Custo total

Base impoñible

IVE

04.01. Decorados e escenarios

04.01.01.

Const. e montaxe decorados en plató

0,00 €

04.01.02.

Desmontaxe decorados

0,00 €

04.01.03.

Construción en exteriores

0,00 €

04.01.04.

Construción en interiores naturais

0,00 €

04.01.05.

Maquetas

0,00 €

04.01.06.

Telóns pequenos

0,00 €

04.01.07.

Alugamentos decorados

0,00 €

04.01.08.

Alugamento de interiores naturais

0,00 €

04.02. Ambientación

04.02.01.

Mobiliario alugado

0,00 €

04.02.02.

Atrezo alugado

0,00 €

04.02.03.

Mobiliario adquirido

0,00 €

04.02.04.

Atrezo adquirido

0,00 €

04.02.05.

Xardinaría

0,00 €

04.02.06.

Armaría

0,00 €

04.02.07.

Vehículos en escena

0,00 €

04.02.08.

Comidas en escena

0,00 €

04.02.09.

Material efectos especiais

0,00 €

04.03. Vestiario

04.03.01.

Vestiario alugado

0,00 €

04.03.02.

Vestiario adquirido

0,00 €

04.03.03.

Zapataría

0,00 €

04.03.04.

Complementos

0,00 €

04.03.05.

Complementos

0,00 €

04.03.06.

Materiais xastraría

0,00 €

04.04. Semoventes e carruaxes

04.04.01.

Animais

0,00 €

04.04.03.

Cortes e pensos

0,00 €

04.04.06.

Carruaxes

0,00 €

04.05. Varios

04.05.01.

Material peiteado

0,00 €

04.05.02.

Material maquillaxe

0,00 €

Total capítulo 04

0,00 €

Capítulo 05. Estudios rodaxe/gravación, sonorización e varios produción

Custo total

Base impoñible

IVE

05.01. Estudios rodaxe/gravación

05.01.01.

Alugamento de platós

0,00 €

05.01.02.

Rodaxe/gravación en exterior estudio

0,00 €

05.01.03.

Fluído eléctrico

0,00 €

05.01.05.

Instalacións complementarias

0,00 €

05.02. Montaxe, posprodución e sonorización

05.02.01.

Sala de montaxe

0,00 €

05.02.02.

Sala de proxección

0,00 €

05.02.04.

Sala de efectos sonoros

0,00 €

05.02.05.

Gravación mesturas

0,00 €

05.02.06.

Gravación sound-track e print master

0,00 €

05.02.07.

Transcricións magnéticas

0,00 €

05.02.08.

Repicado fotográfico

0,00 €

05.02.09.

Sala gravación cancións

0,00 €

05.02.10.

Sala gravación música de fondo

0,00 €

05.02.11.

Alugamento instrumentos musicais

0,00 €

05.02.12.

Efectos sonoros arquivo

0,00 €

05.02.13.

Dereitos discográficos música

0,00 €

05.02.14.

Dereitos discográficos cancións

0,00 €

05.02.15.

Transcricións a vídeo para montaxe

0,00 €

05.02.17

Sonorización Dolby

0,00 €

05.03. Varios produción

05.03.01.

Copias de guión

0,00 €

05.03.02

Copistaría musical

0,00 €

05.03.03

Fotocopias en rodaxe/gravación

0,00 €

05.03.04

Teléfono en datas de rodaxe/gravación

0,00 €

05.03.05

Alugamento camerinos exteriores

0,00 €

05.03.06

Alugamento caravanas

0,00 €

05.03.07

Alugamento oficina exteriores

0,00 €

05.03.08

Almacéns varios

0,00 €

05.03.09

Garaxes en data de rodaxe/gravación

0,00 €

05.03.10

Limpeza etc. lugares rodaxe

0,00 €

05.03.11

Comunicacións en rodaxe

0,00 €

Total capítulo 05

0,00 €

Capítulo 06. Maquinaria de rodaxe e transportes

Custo total

Base impoñible

IVE

06.01. Maquinaria e elementos rodaxe

06.01.01.

Cámara principal

0,00 €

06.01.02.

Cámaras secundarias

0,00 €

06.01.03.

Obxectivos especiais e complementos

0,00 €

06.01.04.

Accesorios

0,00 €

06.01.05.

Steady-Cam

0,00 €

06.01.06.

Cámara vídeo

0,00 €

06.01.07.

Material iluminación alugado

0,00 €

06.01.08.

Material maquinistas alugado

0,00 €

06.01.09.

Material iluminación adquirido

0,00 €

06.01.10.

Material maquinistas adquirido

0,00 €

06.01.11.

Guindastres

0,00 €

06.01.12.

Outros materiais iluminación-maquinista

0,00 €

06.01.13.

Cámara-car

0,00 €

06.01.14.

Plataforma

0,00 €

06.01.15.

Grupo electróxeno

0,00 €

06.01.16.

Carburante grupo

0,00 €

06.01.17.

Helicóptero, avión, etc.

0,00 €

06.01.21.

Equipamento de son principal

0,00 €

06.01.22.

Equipamento de son complementario

0,00 €

06.01.23.

Fluído eléctrico (enganches)

0,00 €

06.02. Transportes

06.02.01.

Coches de produción

0,00 €

06.02.02.

Alugamento coches sen condutor

0,00 €

06.02.03.

Furgonetas de cámaras

0,00 €

06.02.04.

Furgoneta de

0,00 €

06.02.05.

Camión de

0,00 €

06.02.06.

Autobuses

0,00 €

06.02.07.

Taxis en datas de rodaxe

0,00 €

06.02.08

Aparcadoiros

0,00 €

06.02.09

Tíckets de autoestrada

0,00 €

06.02.10.

Facturacións

0,00 €

06.02.11

Alfándegas e fretes

0,00 €

Total capítulo 06

0,00 €

Capítulo 07. Viaxes, hoteis e comidas

Custo total

Base impoñible

IVE

07.01. Localizacións

07.01.01.

Viaxe

0,00 €

07.01.02.

Viaxe

0,00 €

07.01.03.

Viaxe

0,00 €

07.01.04.

Viaxe

0,00 €

07.01.05.

Gastos localización

0,00 €

07.02. Viaxes

07.02.01

Viaxe

0,00 €

07.02.02.

Viaxe

0,00 €

07.02.03.

Viaxe

0,00 €

07.02.04.

Viaxe

0,00 €

07.03. Hoteis e comidas

07.03.01.

Facturación hotel

0,00 €

07.03.02.

Facturación hotel

0,00 €

07.03.03.

Xantares en datas de rodaxe/gravación

0,00 €

Total capítulo 07

0,00 €

Capítulo 08. Película virxe

Custo total

Base impoñible

IVE

08.01. Negativo

08.01.01.

Negativo/positivo de cor.......... ASA

0,00 €

08.01.02.

Negativo de cor.......... ASA

0,00 €

08.01.03.

Negativo de branco e negro

0,00 €

08.01.04.

Negativo de son

0,00 €

08.01.05.

Internegativo

0,00 €

08.01.06.

Duplicating

0,00 €

08.02. Positivo

08.02.01.

Positivo imaxe cor

0,00 €

08.02.02.

Positivo imaxe B/N

0,00 €

08.02.03.

Positivo primeira copia standard

0,00 €

08.02.04.

Positivo segunda copia standard

0,00 €

08.02.05.

Interpositivo

0,00 €

08.02.06.

Lavender

0,00 €

08.03. Magnético e varios

08.03.01.

Magnético 35/16

0,00 €

08.03.03.

Magnético 1/4 polgada

0,00 €

08.03.04.

Cintas DAT

0,00 €

08.03.05.

Material fotografías escenas

0,00 €

08.03.06.

Outros materiais vídeo

0,00 €

Total capítulo 08

0,00 €

Capítulo 09. Laboratorio

Custo total

Base impoñible

IVE

09.01. Revelado

09.01.01.

De imaxe cor

0,00 €

09.01.02.

De imaxe B/N

0,00 €

09.01.03.

De internegativo

0,00 €

09.01.04.

De duplicating

0,00 €

09.01.05.

De son

0,00 €

09.02. Positivado

09.02.01.

De imaxe cor

0,00 €

09.02.02.

De imaxe B/N

0,00 €

09.02.03.

De interpositivo

0,00 €

09.02.04.

De lavender

0,00 €

09.02.05.

De primeira copia standard

0,00 €

09.02.06.

De segunda copia standard

0,00 €

09.02.07

Kinescopiado

0,00 €

09.03. Varios

09.03.01.

Corte de negativos

0,00 €

09.03.02.

Descartes

0,00 €

09.03.03.

Clasificación e arquivos

0,00 €

09.03.04.

Sincronización negativos

0,00 €

09.03.05.

Outros traballos

0,00 €

09.03.06.

Trucaxes

0,00 €

09.03.07.

Títulos de crédito

0,00 €

09.03.08.

Laboratorio fotografías

0,00 €

09.03.09.

Animación

0,00 €

09.03.10

Outros

0,00 €

Total capítulo 09

0,00 €

Capítulo 10. Seguros

Custo total

Base impoñible

IVE

10.01. Seguros

10.01.01.

Seguro de negativo

0,00 €

10.01.02.

Seguro de materiais de rodaxe

0,00 €

10.01.03.

Seguro de responsabilidade civil

0,00 €

10.01.04.

Seguro de accidentes

0,00 €

10.01.05.

Seguro de interrupción de rodaxe

0,00 €

10.01.06.

Seguro de bo fin

0,00 €

Total capítulo 10

0,00 €

Capítulo 11. Gastos xerais

Custos indirectos/centro de traballo en Galicia

Custo total

Base impoñible

IVE

11.01. Xerais

11.01.01.

Alugamento oficina

0,00 €

11.01.02.

Persoal administrativo

0,00 €

11.01.03.

Mensaxaría

0,00 €

11.01.04.

Correo e telégrafo

0,00 €

11.01.05.

Teléfonos

0,00 €

11.01.06.

Luz, auga, limpeza, etc.

0,00 €

11.01.07.

Material de oficina

0,00 €

11.01.08.

Xestoría

0,00 €

11.01.09.

Internet

0,00 €

Total capítulo 11

0,00 €

Capítulo 12. Gastos de explotación e comercialización

Custo

Base impoñible

IVE

12.01. CRI e copias

12.01.01.

CRI ou internegativo

0,00 €

12.01.02.

Copias

0,00 €

Total copias

0,00 €

12.02. Publicidade

12.02.01.

Representacións festivais

0,00 €

12.02.02.

Presentacións

0,00 €

12.02.03.

Teaser

0,00 €

12.02.04.

EPK

0,00 €

12.02.05

Material gráfico

0,00 €

12.02.06

Corpóreos

0,00 €

12.02.07

Spots TV

0,00 €

12.02.08.

Máster DVD

0,00 €

12.02.09

Páxina web

0,00 €

12.02.10.

Estrea

0,00 €

12.02.11.

Tráiler

0,00 €

12.02.12.

Making of

0,00 €

12.02.13.

Relacións públicas

0,00 €

12.02.14.

Axencia comunicación

0,00 €

12.02.15

Outros

0,00 €

Total publicidade

0,00 €

12.03. Dobraxe e subtitulación

12.03.01

Dobraxe

0,00 €

12.03.02

Subtitulación

0,00 €

Total dobraxe e subtitulación

0,00 €

12.04. Auditoría

12.04.01

Auditoría

0,00 €

Total capítulo 12

0,00 €

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file