DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21095

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

BDNS (Identif.): 896445.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/896445

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano no epígrafe IAE 961.1 e cun centro de traballo ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea. Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polo menos por unha das empresas que a integran no momento de presentar a solicitude.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e á súa convocatoria para o ano 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

Cuarto. Importe

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos do ente con cargo á aplicación orzamentaria, polos importes e a súa distribución plurianual que se indica no cadro seguinte:

Código de proxecto

Orixe dos fondos

Total

Aplicación orzamentaria

Anualidades

Importe

2024 00002

Feder

2.200.000 €

13.A1.432B.770.2

2026

900.000 €

2027

1.300.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día 9 de abril de 2026 ás 9.00 horas e rematará o día 1 de outubro de 2026 ás 20.00 horas.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais