Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 173, do 9 de setembro de 2025, procede realizar a seguinte corrección na páxina 48846.
Onde di:
«– Coñecementos específicos.
…
21. Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 «Ascensores» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro».
Debe dicir:
«– Coñecementos específicos.
…
21. Real decreto 355/2024, do 2 de abril, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria ITC AEM 1 «Ascensores», que regula a posta en servizo, modificación, mantemento e inspección dos ascensores, así como o incremento da seguridade do parque de ascensores existente».
