DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21145

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026 pola que se resolve o concurso de provisión de referencia CU2501.

De conformidade coa proposta elevada pola Comisión nomeada para xulgar o concurso de provisión convocado mediante a Resolución desta universidade do 18 de decembro de 2025 (BOE do 27 de decembro), e presentada pola persoa proposta a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu adxudicar a praza convocada tal e como se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar nos termos da base 9.3 da convocatoria.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 20 de marzo de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza nº 1:

Código:

CU2501-C12-765-CU-TC-01

Corpo:

Catedrático de universidade

Área de coñecemento:

A0765 Química Orgánica

Departamento:

D00c12 Química Orgánica

Centro de traballo:

311 Facultade de Química

DNI:

***1195**

Nome e apelidos:

Freire Iribarne, Félix Manuel