Vistas as propostas elevadas polos tribunais cualificadores do proceso selectivo de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade de Vigo, convocado mediante a Resolución do 15 de decembro de 2022 (anuncio no DOG do 26 de decembro), verificado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, esta reitoría
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas correspondentes, con adxudicación de posto definitivo, as persoas aspirantes que se relacionan no anexo.
Segundo. De acordo co disposto no artigo 60.d) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberase prestar acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como declarar o seu compromiso de exercer con imparcialidade as súas funcións, e tomar posesión dos seus destinos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, para tomar posesión o persoal nomeado deberá realizar declaración expresa ou realizar a opción prevista na devandita lei.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 24 de marzo de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
DNI |
Apelidos e nome |
Código |
Denominación do posto |
Unidade |
CD |
SG |
Q |
C |
|
Escala: Técnica de xestión (subgrupo A1) |
Subescala: Administración |
|||||||
|
***1245** |
Novas Míguez, Javier |
02250 PF1041 1 |
Xefe da Sección de Transferencia |
Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento |
25 |
A1/A2 |
M |
V |
|
Escala: Facultativa de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1) |
Subescala: Biblioteca |
|||||||
|
***4902** |
Castro Rey, Héctor Carlos |
29000 PF1054 1 |
Xefe/a de Área Campus |
Biblioteca Universitaria |
23 |
A1/A2 |
M |
P |
CD: complemento de destino.
SG: subgrupo de clasificación.
Q: quenda de traballo; M: mañá; T: tarde; M e T: mañá e tarde.
C: campus; O: Ourense; P: Pontevedra; V: Vigo.
