DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.01952, outorgada o 24 de novembro de 2004, no concello de Portas (expediente DH.A36.108240).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios Costa e Mourigán.

Expediente: DH.A36.108240.

Volume total anual: 9.916,15 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,40 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: manancial na parcela 20329, polígono 313 do catastro de Portas.

Lugar: Porto do Salto.

Parroquia: Romai.

Concello: Portas.

Descrición:

A auga captada do manancial condúcese ao depósito 1 na parcela 20288, polígono 313, segue á caseta na parcela 89, polígono 310, con 17 depósitos individuais dos que parten conducións aos puntos de consumo. Do depósito 1 parte tamén condución individual.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de febreiro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur