En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Ganadería Moutou, S.C.
DNI: ****3505*.
Expediente: DH.A15.92837.
Volume total anual: 7.727,05 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,25 l/s.
Destino: uso gandeiro.
Orixe: pozo de barrena.
Lugar: Vilarbó.
Parroquia: Gorgullos (Santaia).
Concello: Tordoia.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas mediante un pozo de barrena duns 40 m de profundidade na parcela de referencia 15085A502006770000EY, e a súa condución mediante tubaxe de PVC de 20 mm de diámetro ata un depósito de 3.000 l para abastecer unha explotación gandeira na mesma parcela.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
