DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de modificación de concesión de augas no concello de Fornelos de Montes (expediente DH.A36.73317).

En cumprimento do previsto no artigo 144.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Calvos.

Expediente: DH.A36.73317.

Destino: abastecemento.

Orixe: pozo na parcela 10 do polígono 1 do catastro de Fornelos de Montes.

Lugar: A Alén de Abaixo.

Parroquia: Calvos.

Concello: Fornelos de Montes.

Descrición:

A modificación consiste na apertura dun novo pozo para substituír ao outorgado na concesión orixinal coa denominación Pereiro da Cadela, 1, inutilizado por avaría.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 6 de marzo de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur