DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 6 de abril de 2026 Páx. 21243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 16 de marzo de 2026 de emprazamento no procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de San Miguel, no concello de Valga (expediente PA-23-09).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a proposta de resolución sobre alegacións presentadas no procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de San Miguel, no concello de Valga (Pontevedra).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, número 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Persoas interesadas ás cales, logo de intentada a notificación, esta non se puido efectuar:

DNI

35446044P

35435476C

35200291X

35444959G

76871132A

35455617J

76860002M

33291999M

35454591E

35671032X