DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21511

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición, para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a do 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), realizáronse as convocatorias, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a do 061, entre outras.

Así mesmo, mediante as resolucións desta dirección xeral do 15 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril), do 20 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), do 6 de outubro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 202, do 20 de outubro) e do 26 de decembro (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 8 de xaneiro), publicáronse os nomeamentos e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías, entre outras, de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a do 061, procesos selectivos convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulten da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizados os procesos de elección de destino das referidas categorías, en que resultaron prazas vacantes, logo da última resolución de nomeamento do 26 de decembro de 2025, e ao abeiro das resolucións do 14 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización, polo sistema de concurso-oposición, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a do 061, á persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación, pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a do 061 as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución, logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizaren a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.

Adxudicarlles ás persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no anexo indicado.

Terceiro. Declarar finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 das resolucións de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.

Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, o/a aspirante seleccionado/a deberá realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de persoas adxudicatarias e destinos

Facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***2664**

Bauluz Barcena, María

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

Médico/a coordinador do 061

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***2302**

Dias Sequeira, María Amelia

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061-A Estrada

Estrada, A

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.