No Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026.
O obxecto da convocatoria é establecer as bases reguladoras das axudas para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, e convocar estas axudas para o ano 2026 (código de procedemento MR605D).
Nesta orde inclúense as axudas previstas na Intervención 6883, Investimentos forestais produtivos, recollida no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a través das seguintes subintervencións:
a) Subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, destinada a financiar actuacións de reforestación produtiva con especies de frondosas (liña II e liña III).
b) Subintervención 6883_02, Investimentos forestais produtivos_2, destinada a financiar actuacións de reforestación produtiva con especies de coníferas (liña I).
Esta orde contén un alto enfoque técnico e obsérvase que varios artigos poderían dar lugar a diferentes interpretacións técnicas que afectarían tanto o proceso de solicitude como de execución da axuda, polo que procede axustar as súas bases reguladoras.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo o disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (código de procedemento MR605D)
A Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (código de procedemento MR605D), queda modificada do seguinte xeito:
Un. O punto 1 do artigo 2. Ámbito de aplicación queda redactado do seguinte xeito:
1. Esta orde será de aplicación aos terreos situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro realizado de acordo co disposto no Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia ou terreos conveniados coa Administración forestal que, igualmente, fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro, sempre que a correspondente corta se solicitase no período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2022 e a data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes de axuda desta orde.
Nos terreos forestais que conten cun convenio coa Administración forestal, terase en conta, para os efectos deste período elixible, a data da acta de entrega da madeira emitida pola Administración forestal.
Para o resto de aproveitamentos madeireiros, dado que non existe unha acta formal de entrega da madeira, teranse en conta, para os efectos deste período elixible, as seguintes datas:
1) Declaración responsable: a data de presentación da declaración responsable ante a autoridade forestal.
2) Autorización administrativa: a data da solicitude da autorización de corta presentada ante a Administración forestal.
3) No caso de solicitude de ampliación de prazo: a data da solicitude de ampliación de prazo presentada ante a Administración forestal.
Dous. Elimínase o punto 6 do artigo 3. Persoas beneficiarias.
Tres. Modifícase a redacción do artigo 4. Intensidade e compatibilidade da axuda do seguinte xeito:
1. A intensidade da axuda será do 65 % do investimento total subvencionable nos seguintes casos:
a) Cando a persoa beneficiaria sexa unha agrupación forestal de xestión conxunta (AFXC) que estea inscrita no correspondente rexistro antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes de axuda, así como aquelas que presentasen a solicitude de inscrición no dito rexistro dentro do prazo de presentación da axuda e que figuren inscritas neste antes do pagamento da axuda.
b) Cando a persoa beneficiaria sexa unha persoa silvicultora activa que estea inscrita no correspondente Rexistro de Silvicultor/a Activo/a antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes de axuda, así como aquelas que presentasen a solicitude de inscrición no dito rexistro dentro do prazo de presentación da axuda e que figuren inscritas neste antes do pagamento da axuda.
c) Cando os terreos obxecto de subvención sexan repoboados con formacións de Pinus pinaster, Pinus sylvestris ou Pinus radiata.
d) Cando os terreos obxecto de subvención teñan superficie inscrita no Rexistro de Masas Consolidas de Frondosas Autóctonas.
e) Cando os terreos obxecto de subvención sexan repoboados con especies de frondosas que se recollen no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
2. Nos demais casos, a intensidade da axuda será do 50 % do investimento total subvencionable.
3. A concesión da axuda será incompatible con outras subvencións para o mesmo obxecto (reforestación tras corta) e superficie.
4. Tanto na solicitude da axuda como na solicitude de pagamento, a persoa beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.
5. O IVE non é subvencionable.
Catro. Modifícase a redacción do artigo 5. Actuacións obxecto de axuda para a liña I (subintervención 6883_02, Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de reforestación produtiva de coníferas) do seguinte xeito:
Para a liña I (subintervención 6883_02, Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de reforestación produtiva de coníferas) as condicións de subvencionalidade son as seguintes:
1. Serán subvencionables as actuacións que se realicen en terreos que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro de coníferas ou eucalipto, conforme o disposto no Decreto 73/2020, do 24 de abril, ou en terreos conveniados coa Administración forestal que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro de coníferas ou eucalipto, sempre que o dito aproveitamento se efectuase dentro do prazo establecido no artigo 2 e que a posterior reforestación se realice coas especies de coníferas recollidas no anexo VIII.
Así mesmo, será subvencionables as actuacións que se realicen en superficies previamente ocupadas por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia) ou outra especie arbórea incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras que foron eliminados e que a posterior reforestación se realice con especies de coníferas recollidas no anexo VIII.
2. Na liña I de reforestación produtiva de coníferas, a persoa solicitante poderá optar, en función da finalidade e/ou da densidade de plantación, por un dos seguintes módulos:
|
Tipo de módulo |
Código |
Descrición |
|
Reforestación produtiva de coníferas |
LI-A |
Plantacións de coníferas cunha densidade igual ou superior a 1.300 pés/ha |
|
LI-B |
Plantacións de coníferas cunha densidade igual ou superior a 1.000 pés/ha e inferior a 1.300 pés/ha |
|
|
LI-C |
Plantacións de coníferas cunha densidade igual ou superior a 850 pés/ha e inferior a 1.000 pés/ha |
|
|
Xestión do rexenerado natural tras corta de coníferas |
LI-D |
Xestión da rexeneración natural tras corta de masas de coníferas, mantendo unha densidade final entre 1.000-1.400 pés/ha |
3. Os catro módulos da subintervención 6883_02, Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de reforestación produtiva de coníferas son finalistas, é dicir, ao finalizar a execución das actuacións do módulo correspondente, o terreo obxecto da axuda debe estar do seguinte xeito:
a) No caso do módulo da liña 1, Reforestación produtiva de coníferas:
– Rozado.
– Plantado.
– Realizadas as áreas de defensa contra incendios forestais.
b) No caso de do módulo da liña 1, Rexenerado natural trala tala de coníferas:
– Rozado.
– Clareado ata a densidade establecida no módulo seleccionado.
– Aplicado o tratamento para o control integrado das enfermidades fúnxicas defoliadoras de coníferas.
En ambos os casos, cumprindo as actuacións e os requisitos técnicos establecidos no anexo IX a) desta orde, onde se recollen as condicións que forman parte da subvención e elixibilidade dos módulos da subintervención 6883_02, Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de reforestación produtiva de coníferas.
Cinco. Modifícase o artigo 6. Actuacións obxecto de axuda para a liña II (subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de frondosas, agás chopo) que redactado do seguinte xeito:
Para a liña II (subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de frondosas (agás chopo), as condicións de subvencionalidade son as seguintes:
1. Serán subvencionables as actuacións realizadas en terreos que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro de frondosas (agás chopo), ou coníferas ou eucalipto, conforme o disposto no Decreto 73/2020, do 24 de abril, ou en terreos conveniados coa Administración forestal que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro de frondosas (agás chopo), ou coníferas ou eucalipto, sempre que o dito aproveitamento se efectuase dentro do prazo establecido no artigo 2 e que a reforestación posterior se realice con especies de frondosas ou con combinacións mixtas (de frondosas e coníferas) das recollidas no anexo VIII.
Así mesmo, serán subvencionables as actuacións que se realicen en superficies previamente ocupadas por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia) ou outra especie arbórea incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras que foron eliminadas e que a posterior reforestación se realice con especies de frondosas recollidas no anexo VIII.
2. Para a liña II de reforestación produtiva de frondosas, a persoa solicitante pode optar, segundo a densidade de plantación e especie, por un dos seguintes módulos de reforestación produtiva de frondosas:
|
Tipo de módulo |
Código |
Descrición |
|
Reforestación produtiva de frondosas |
LII-A |
Plantacións de frondosas cunha densidade igual ou superior a 1.000 pés/ha |
|
LII-B |
Plantacións de frondosas cunha densidade igual ou superior a 50 pés/ha e inferior ou igual a 150 pés/ha |
|
|
LII-C |
Plantacións mixtas de frondosas e coníferas cunha densidade igual ou superior a 1.000 pés/ha, mantendo unha proporción do 60% de frondosas e do 40 % de coníferas. A disposición dos pés será mixta íntima, é dicir, mesturados seguindo criterios técnicos en toda a superficie de reforestación, evitando compartimentos diferenciados por especie. |
3. Os tres módulos da subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de frondosas (agás chopo), son finalistas, é dicir, ao finalizar a execución das actuacións do módulo correspondente, o terreo obxecto da axuda debe estar:
– Rozado.
– Plantado.
– Realizadas as áreas de defensa contra incendios forestais, cumprindo as actuacións e requisitos técnicos establecidos no anexo IX a) desta orde onde se recollen as condicións que forman parte da subvención e elixibilidade dos módulos da subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de frondosas, agás chopo.
Seis. Modifícase o artigo 7. Actuacións obxecto de axuda para a liña III (subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de chopo)
Para a liña III (subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de chopo) as condicións de subvencionalidade son as seguintes:
1. Serán subvencionables as actuacións realizadas en terreos que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro de chopo ou eucalipto, conforme o disposto no Decreto 73/2020, do 24 de abril, ou en terreos conveniados coa Administración forestal que fosen obxecto dun aproveitamento madeireiro de chopo ou eucalipto, sempre que este se efectuase dentro do prazo establecido no artigo 2 e que a reforestación posterior se realice con chopo.
Así mesmo, serán subvencionables as actuacións que se realicen en superficies previamente ocupadas por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia) ou outra especie arbórea incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras que foron eliminadas e que a posterior reforestación se realice coa especie de chopo recollida no anexo VIII.
2. As actuacións da liña III-reforestación produtiva de chopo- encádranse no módulo de reforestación produtiva de chopo aplicable a plantacións con densidade igual ou maior a 250 pés por hectárea e menor ou igual a 300 pés por hectárea.
3. O módulo da subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de chopo é finalista, é dicir, ao finalizar a execución das actuacións do módulo correspondente, o terreo obxecto da axuda debe estar:
– Rozado.
– Plantado.
– De ser o caso, realizadas as áreas de defensa contra incendios forestais cumprindo as actuacións e os requisitos técnicos establecidos no anexo IX b) desta orde, onde se recollen as condicións que forman parte da subvención e elixibilidade do módulo da subintervención 6883_01, Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de chopo.
Sete. No punto 2 do artigo 9. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas, e nos puntos 1, letra i, e 4 do anexo X desta orde, onde di: «autorización expresa», debe dicir: «estando suxeita á autorización expresa da Administración forestal».
Oito. Engádese un novo punto ao final dos requisitos técnicos e condicións técnicas mínimas do cadro de «Xestión rexenerado natural tras corta de coníferas (liña I-D)» do anexo IX: Actuacións do módulo de reforestación produtiva de coníferas e do módulo de xestión do rexenerado natural tras a corta de coníferas (subintervención 6883_02) da liña I e do módulo de reforestación produtiva de frondosas (agás chopo) (subintervención 6883_01) da liña II, que queda redactado do seguinte xeito:
|
Actuación |
Requisitos técnicos e condicións técnicas mínimas |
|
Xestión rexenerado natural tras corta de coníferas (Liña I-D) |
• Roza por faixas sistemática: apertura de faixas de roza sistemática mecanizada tratando ao mesmo tempo as árbores novas e o mato. • Roza e desmesta selectiva: nas faixas non rozadas realizarase unha roza manual que inclúa unha desmesta selectiva dos pés ata a densidade final (entre 1.000 e 1.400 pés/ha). • Aos pés de coníferas que queden realizaráselles unha aplicación de tratamentos para o control integrado das enfermidades fúnxicas defoliadoras de coníferas a base de óxido cuproso ou sulfato cuprocalcico en formulacións comerciais. • Área de defensa contra incendios forestais, conforme o establecido no punto anterior. |
Nove. Engádese un novo apartado ao final do anexo IX: Condicións e requisitos técnicos mínimos punto b) Actuación do módulo de reforestación produtiva de chopo (subintervención 6883_01). Liña III:
|
Actuación |
Requisitos técnicos e condicións técnicas mínimas |
|
Área de defensa contra incendios forestais |
Obrigatoria agás xustificación técnica. Requisitos, agás xustificación técnica: • Largo mínimo de 10 m • Terán unha franxa central de 5 metros con decapaxe ata solo mineral e dúas franxas laterais de polo menos 2,5 metros de largo nas cales se realizará unha roza a feito. • No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal, débese realizar unha roza nunha franxa de largo igual ao resultado de restar a 10 metros o largo da pista en metros. • Procurarase integrar noutras existentes. • Efectuaranse cortas transversais, cunha pendente do 2 % e distanciadas 50 m a partir das pendentes daquelas superiores ao 20 %. |
Artigo 2. Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. As persoas que xa formulasen a solicitude no prazo transcorrido ata a modificación da orde poderán manter ou modificar a súa solicitude tendo en conta as novas condicións.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
