No Diario Oficial de Galicia núm. 165, do 29 de agosto de 2025, publícase a Orde do 14 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa de Xuventude Crea e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.
De conformidade co referido artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea convocados inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra.
De conformidade co artigo 4 da orde, o orzamento para estes premios é de 92.550,00 €, para o que existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, no código de proxecto 2015 00536.
De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 14 de agosto de 2025, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, http://xuventude.xunta.gal
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das resolucións de concesión das axudas para o desenvolvemento da fase final das especialidades de arte urbana, cociña, deseño de xoias, moda, música e teatro, que figuran anexadas a esta resolución.
Segundo. Comunicar que as resolucións de concesión das axudas poñen fin á vía administrativa e contra elas pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO I
Especialidade de arte urbana
Resolución de axudas para a fase final da especialidade de arte urbana do programa Xuventude Crea no ano 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 14 de agosto de 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2025.
De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final. Á especialidade de arte urbana correspóndenlle 250 € por participante (artigo 24).
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.
A Comisión de Selección da especialidade de arte urbana asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de arte urbana do programa Xuventude Crea no ano 2025, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 14.8.2025; DOG núm. 165, do 29 de agosto). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO
Relación de persoas finalistas
Especialidade de arte urbana
Programa Xuventude Crea 2025
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2025-003 |
Blanca Alejandra Cortijo González |
***3706** |
Wala |
Gallo |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-023 |
Elvira Sánchez Barreiro |
***3370** |
Nana |
Irmáns |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-183 |
Andrés Rivas Rodís |
***0094** |
A.R.R. |
Oco de man |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-208 |
Miguel Aurelio Cajaraville Mosquera |
***8763** |
Höney |
Centola de Laza |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-237 |
Manuel Míguez Sangiao |
***9112** |
Poke |
Nordés |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-259 |
Sergio Leiros Pérez |
***1100** |
Mñc |
Morcego |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-334 |
María Martelo del Río |
***0524** |
Balbino del Río |
Se as paredes falasen |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-432 |
Diego Domínguez Barcia |
***3926** |
Desfeito |
Perdendo o norte |
250,00 € |
ANEXO II
Especialidade de cociña
Resolución de axudas para a fase final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea no ano 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 14 de agosto de 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2025.
De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final. Á especialidade de cociña correspóndenlle 75 € por participante (individual ou parella) (artigo 27).
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.
A Comisión de Selección da especialidade de cociña asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea no ano 2025, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 14.8.2025; DOG núm. 165, do 29 de agosto). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO
Relación de persoas finalistas
Especialidade de cociña
Programa Xuventude Crea 2025
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2025-148 |
Inés Acuña Iglesias Noelia Varela Fandiño |
***0873** |
Orella de Van Gogh |
Cremosiña de augardente con sabor a entroido |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-149 |
Mónica Martínez Bemposta |
***2791** |
Cociña con xeito |
As tres marabillas |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-257 |
Vanesa Padovani Borges Javier García Suárez |
***5869** |
EstrelladosBeer |
Imperfeccións |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-281 |
Carmen Badía Deltell |
***5715** |
Hungry Badi |
Fabas de Lourenzá con tomate e Cebreiro |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-288 |
María Cristina Domínguez Queijo |
***0809** |
Nutri |
Cilindro de castaña recheo de tartar de vieiras, sobre salsa de peixe e pingas de sabor |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-304 |
Jennifer Santabaya Buiturón |
***2057** |
Giin |
Xirarei |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-361 |
Alba Correa Amoedo |
***5497** |
Bita |
Doce de pan de Cea con Albariño e xeado de vainilla |
75,00 € |
ANEXO III
Especialidade de deseño de xoias
Resolución de axudas para a fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 14 de agosto de 2025 (DOG núm.165, do 29 de agosto), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2025.
De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final. Á especialidade de deseño de xoias correspóndenlle 75 € por participante (artigo 35).
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.
A Comisión de Selección da especialidade de deseño de xoias asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea no ano 2025, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 14.8.2025; DOG núm. 165, do 29 de agosto). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO
Relación de persoas finalistas
Especialidade de deseño de xoias
Programa Xuventude Crea 2025
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2024-080 |
Fabiana Valentina Fernández López |
***4504** |
Eternus |
Hélix |
75,00€ |
|
BS310Q-2025-105 |
Carlota Cao Boluda |
***6126** |
Kinesis |
Parque de bólas |
75,00€ |
|
BS310Q-2025-362 |
Sandra Marcuño Riveiro |
***1309** |
Estreliña |
Isomorfías |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-368 |
Rebeca García Martínez |
***8784** |
Peque |
Tradición e vangarda |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-372 |
Judith Díaz Bermejo |
***1763** |
Jukitas |
Cachivache |
75,00 € |
|
BS310Q-2025-409 |
Agustín Pintos Pollán |
***6743** |
Maleante do Calvario |
Luna rosa |
75,00 € |
ANEXO IV
Especialidade de moda
Resolución de axudas para a fase final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea no ano 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 14 de agosto de 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2025.
De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final. Á especialidade de moda correspóndenlle 450 € por participante (artigo 41).
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.
A Comisión de Selección da especialidade de moda asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea no ano 2025, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 14.8.2025; DOG núm. 165, do 29 de agosto). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO
Relación de persoas finalistas
Especialidade de moda
Programa Xuventude Crea 2025
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2025-344 |
Nahir Álvarez Alonso |
***1623** |
Ien |
La forma del miedo |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-443 |
Lucía Beltrán de Navasqüés |
***0107** |
Marta López |
Liturxias: Superficial e Ficticia |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-034 |
Sara Rodríguez Cancela |
***0283** |
Cuatro |
Ruliña |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-112 |
Belén Gómez Romero |
***8812** |
Cita |
Flora Mirage |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-082 |
Antía Vieiro Fernández |
***5308** |
Antika |
Susas´Colleges |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-198 |
Paula Rey Pazos |
***6562** |
Oleaje |
Ardentía |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-224 |
Anxo Pita Rodríguez |
***4650** |
Xalundes |
Temperanza |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-189 |
Silvia Meilán Caramés |
***5228** |
Via |
Louise |
450,00 € |
ANEXO V
Especialidade de música
Resolución de axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 14 de agosto de 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2025.
De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final, e á especialidade de música correspóndenlle 450 € no caso de grupos e 250 € no caso de solistas (artigo 43.1).
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.
A Comisión de Selección da especialidade de música asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea no ano 2025, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 14.8.2025; DOG núm. 165, do 29 de agosto). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO
Relación de persoas finalistas
Especialidade de música
Programa Xuventude Crea 2025
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2025-090 |
Guillermo Lens Perol |
***9288** |
Salamántigo |
1 Grávidos./2 No xardín |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-139 |
Carmen Rodríguez Ferreira |
***8230** |
Anena |
1 A despedida./2 Comedia romántica |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-249 |
Nicolás Hermida López |
***4205** |
Campo |
1 De cando coñecín a miña avoa./2 As engurras da man de miña avoa |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-279 |
Martín Rodríguez Díaz |
***9181** |
Planeta Marte |
1 Obsesión./2 Lembrar |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-415 |
Abraham Santiago Reboredo |
***3593** |
Alta cordura |
1 Empatía, un idioma para entendelo todo./2 Son de Ourense |
450,00 € |
|
BS310Q-2025-421 |
Alba Raña Barreiro |
***2138** |
Diáspora |
1 Fantasía sobre Lela./2 Sonata nº 48 en mi mayor, Hob. XVI 31, moderato |
250,00 € |
|
BS310Q-2025-383 |
Pablo Rodríguez Pérez |
***5856** |
Ocairo |
1 Unha cociña./2 Un mundo en desorde |
250,00 € |
ANEXO VI
Especialidade de teatro
Resolución de axudas para a fase final da especialidade de teatro programa Xuventude Crea no ano 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto)
Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 14 de agosto de 2025 (DOG núm. 165, do 29 de agosto), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2025.
De conformidade co artigo 2, os premios do programa Xuventude Crea inclúen as seguintes especialidades: artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O artigo 3.3 establece que a dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final. Á especialidade de teatro correspóndenlle 600 € por grupo (artigo 47).
O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.
A Comisión de Selección da especialidade de teatro asinou a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, e a dita acta foi trasladada ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución das axudas da dita especialidade.
Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para Xuventude,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2025, convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 14.8.2025; DOG núm. 165, do 29 de agosto). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO
Relación de persoas finalistas
Especialidade de teatro
Programa Xuventude Crea 2025
Modalidade pro
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2025-179 |
Noa Iriarte Alonso |
***8277** |
Labirinto Helena |
Laberinto Helena, Loa á fin da historia |
600,00 € |
|
BS310Q-2025-248 |
Beatriz Deus Bouzas |
***2332** |
As extraordinarias |
Apagón |
600,00 € |
|
BS310Q-2025-357 |
Vórtice, S. Coop. Galega |
***7599** |
Vidro |
En carne viva |
600,00 € |
|
BS310Q-2025-426 |
Lucía Satta Freijedo |
***2986** |
Nacerparaservir |
Dolce far niente |
600,00 € |
Modalidade amador
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE |
Pseudónimo |
Título da obra |
Importe da axuda |
|
BS310Q-2025-145 |
Asociación Labarata |
***6030** |
Anónimo García |
Abandonar toda esperanza |
600,00 € |
|
BS310Q-2025-306 |
María Sagrario Torrado Blanco |
***7740** |
Os revirados |
A batalla da fin do mundo |
600,00 € |
|
BS310Q-2025-410 |
Asociación Cultural Teatro do Ar-A.C.T.A. |
***9277** |
Titiriteiros |
Días felices |
600,00 € |
|
BS310Q-2025-428 |
Asociación Palimoco Teatro (Palimoquiños) |
***2621** |
Zulo |
Zulo |
600,00 € |
