Expediente: IN407A 2026/068-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT no lugar Raxas.
Concello: Bergondo.
1. Características técnicas:
Entroncamento coa liña de media tensión aérea BEG705 (expediente 26432) mediante un paso aero-subterráneo. Para a nova derivación subterránea que alimentará o novo CT será necesario substituír o apoio existente AN1BGMO0//18-13 por un novo apoio de tipo C-3000/14, no cal se instalará un reconectador (RC) que servirá como dispositivo de protección e manobra para a derivación.
Substitución do condutor por tipo LA-56 entre o apoio existente AN2PLJ03 e o apoio proxectado C-3000/14, retensando o van posterior, cunha lonxitude de 68 m.
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 1.414 m, con orixe no apoio proxectado tipo C-3000/14 da LMTA BEG705 (expediente 26.432), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 KV 3×150 mm² Al, e final no CT proxectado no lugar de Trasdoval.
Centro de transformación prefabricado tipo compacto rural fin de liña, cunha potencia de 160 kVA, e relación de transformación de 15.000/400 V.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, no seu caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 17 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Bergondo.
|
Nº de parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Ocupación temporal |
||||
|
Apoio |
m2 |
ml |
ml |
m2 |
m2 |
Sup. (m2) |
||||
|
1 |
Castro 15008A019000430000XD |
Labradío |
Fundación Jiménez Cossío Margarita Jiménez Natalia Jiménez Fawcett Alejandra Elena Jiménez Von Humboldt Carolina Gabriela Jiménez Von Humboldt |
Apoio núm. 1 |
2,0 |
2,9 |
8,88 |
460 |
||
|
2 |
San Paio 15008A002002470000XI |
Matogueira |
Isidoro Ponte Miramontes Montserrat Ponte Miramontes María del Socorro Ponte Miramontes María Dolores Ponte Miramontes María Carmen Ponte Miramontes |
CT + acceso |
41,46 |
|||||
Abreviacións:
|
ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m2 aér: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |
