DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2025/252-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: soterramento LMTA TRO703 entre os apoios A4FM0LXS e A4ROSN3P e reforma do CS 36CLW0.

Situación: Mos.

Características técnicas:

Substitución dos apoios A4FM0LXS, A4ROSN3P e A4SHQKWT da liña de media tensión aérea (LMTA) TRO703 (Trasiego-Barreiro 3) por un apoio C-4500/16, un C-2000/14 e un C-1000/12, respectivamente.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, de 890 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento existente Logística Balboa 36CLW0 e final no apoio proxectado C-2000-14, mediante un paso aero-subterráneo.

Reforma do centro de seccionamento Logística Balboa 36CLW0 consistente na substitución das celas existentes por un bloque compacto de 4 celas de liña, 3 delas telecontroladas.

Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados (186 + 69 + 23 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada no lugar do Enxertado, parroquia de San Salvador de Louredo, no municipio de Mos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2025/252-4.

Denominación: soterramento LMTA TRO703 entre os apoios A4FMOLXS e A4ROSN3P e reforma do CS 36CLWO.

Concello: Mos.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m²)

Servidume

Apoio

ml aéreo

m² aéreo

3

Enxertado

Rústico

36033A01300374

Descoñecido

3

2,0

8,0

46,0

4

Enxertado

Rústico

36033A01300373

Descoñecido

16,0

258,0