Expediente: IN407A 2026/024-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LAT 66 kV Barbanza-Tambre II CIR-1 e CIR-2.
Termos municipais: Porto do Son e Boiro.
1. Características técnicas.
– Construción dunha liña subterránea dobre circuíto de 66 kV e o seu entroncamento coa liña aérea existente. A liña constará dun primeiro treito subterráneo de 0,45 km, con orixe na SE Barbanza ata o apoio BAR TA2 C1/C2 [1N] de transición aero-subterránea (PAS). Nese punto proxéctase o novo apoio PAS, situado a 120 m do apoio existente PDS [75] / BOI [75].
– A liña subterránea executarase en canalización formigonada baixo tubo desde a SE Barbanza ata o novo apoio por instalar BAR TA2 C1/C2 [1N]. O circuíto C1 instalarase con condutor Cable RHZ1-20L(S)36/66 kV 1×630 kAL+H165. O circuíto C2 instalarase con condutor Cable RHZ1-20L(S)36/66 kV 1×1200 kAL+H165.
– O novo apoio PAS BAR TA2 C1/C2 [1N] instalarase baixo o trazado na liña existente en dobre circuíto LAT 66 kV Tambre II / Porto do Son / Boiro, a 120,84 metros do apoio C1 TA2 PDS [75]/C2 TA2 BOI [75].
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 27 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Boiro
|
Núm. parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio núm. |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Monte Devesa 15011A08100431 |
Matogueira |
MVMC Barbanza, Xaramelo e Granxa do Navio, A Figueira, Balteiro, Graña, Noceda e Sabuceda Consellería do Medio Rural (Servizo de Montes) |
1N1 |
23,0 |
36,0 |
112,0 |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
ANEXO II
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Porto do Son
|
Núm. parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aé,r |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
6 |
Xamiñon 15072A04800232 |
Matogueira |
Hrdos. de María Beceiro Sobrado |
31,0 |
91,0 |
||||
|
4 |
Varios 15072A04860001 |
Matogueira |
Comunidade de montes de Nebra Consellería do Medio Rural (Servizo de Montes) |
128,0 |
383,0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér: superficie de servidume aérea en m².
m² sot: superficie de servidume soterrada.
