Mª Dolores Rivas Iglesias, con DNI ***7518**, presidenta da Comunidade de Usuarios A Agostada, convoca o 2 de maio de 2026, no local social da Asociación (Os Piñeiros, Moaña-Pontevedra), ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria para aprobación dos puntos que procedan da seguinte orde do día:
1. Lectura de actas anteriores.
2. Presentación de contas.
3. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.
4. Futuras obras a corto e longo prazo.
5. Altas, baixas e cambios de titularidade.
6. Facultar a Xunta Directiva para solicitar axudas e subvencións en nome da comunidade.
7. Rogos e preguntas.
Moaña, 13 de marzo de 2026
Mª Dolores Rivas Iglesias
Presidenta da Comunidade de Usuarios A Agostada
