Mediante as resolucións da Alcaldía que se indican a seguir, nomeouse os seguintes traballadores como persoal laboral fixo, ou funcionarios de carreira, se é o caso, para as prazas que se indican e pertencentes á oferta relacionada, con expresión dos postos que se lles adxudican:
|
Nome e apelidos |
Nº de resolución |
Praza |
Oferta |
Posto adxudicado |
|
Manuel Muñoz Albán (DNI ***5660**) |
06/02/2026 Nº 2026-0162 |
Operario de limpeza viaria (persoal laboral fixo) |
Estabilización de emprego temporal 2022 |
Operario de limpeza Código 03.00.06.10 |
|
Beatriz López Lorenzo (DNI ***6972**) |
06/02/2026 Nº 2026-0162 |
Operario de limpeza viaria (persoal laboral fixo) |
Estabilización de emprego temporal 2022 |
Operario de limpeza Código 03.00.06.11 |
|
Carlos Alberto de Almeida Bingre (DNI ***3693**) |
09/02/2026 Nº 2026-0170 |
Operario de limpeza (funcionario de carreira) |
Ordinaria 2022 |
Operario de limpeza Código 03.00.06.06 |
|
Jacobo González Álvarez (DNI ***9393**) |
11/02/2026 Nº 2026-0189 |
Profesor de piano-jazz (laboral fixo) |
Ordinaria 2022 |
Profesor de piano-jazz (30 horas a semana) Código 05.00.08.10 |
Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.
Tui, 6 de marzo de 2026
Enrique Cabaleiro González
Alcalde
