DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21578

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Arnoia

ANUNCIO do proceso selectivo de prazas de persoal funcionario e laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 43, do 5 de marzo de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:

– Unha praza de administrativo, con funcións informáticas, persoal funcionario, da Agrupación de Concellos da Arnoia-Beade, mediante o sistema de concurso-oposición.

– Unha praza de operario de servizos múltiples, persoal laboral fixo, do Concello da Arnoia, mediante o sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica do Concello da Arnoia e no taboleiro de anuncios do Concello da Arnoia

A Arnoia, 9 de marzo de 2026

Rodrigo Aparicio Santamaría
Alcalde