DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Referencia catastral

Situación

Titular

2025/V001/000124

15009A015001230000EG

Polígono 15, parcela 123 Naveiras

Valiño Rodríguez Hipólito (Viúva de)

2025/V001/000124

15009A015001250000EP

Polígono 15, parcela 125 Porta

En investigación

2026/V001/000004

15009A007003790000EK

Polígono 7, parcela 379 Troutón

Lago Pereira

2026/V001/000006

15009A007009470000EL

Polígono 7, parcela 947 Xerpe

En investigación

2026/V001/000007

15009A003005990000EM

Lg. Caraña Abaixo Polígono 3, parcela 599 Angustia

En investigación

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince (15) días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 27 de febreiro de 2026

María Barral Varela
Alcaldesa