Na Xunta de Goberno Local do 4 de marzo de 2026 adoptouse o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2026 que contén os seguintes postos de traballo e que deberán convocarse no prazo máximo de 3 anos:
Persoal laboral fixo:
|
Denominación |
Nº de vacantes |
Ficha RPT/ código |
Acceso |
Sistema selección |
|
Peón de servizos-tractorista |
1 |
Ficha nº 20 Código: 25 |
Libre |
Concurso-oposición/Oposición libre |
|
Técnico medio de PAI (agora Escola Infantil Municipal) |
1 |
Ficha nº 27 Código: 83 |
Libre |
Concurso-oposición/Oposición libre |
|
Auxiliar de Xeriatría do CD |
1 |
Ficha nº 31 Código: 82 |
Libre |
Concurso-oposición/Oposición libre |
Persoal funcionario:
|
Denominación |
Nº de vacantes |
Ficha RPT/ código |
Acceso |
Sistema selección |
|
Conserxe instalacións municipais |
1 |
Ficha nº 16 Código: 20 |
Libre |
Concurso-oposición/Oposición libre |
Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no DOG.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme ao establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere procedente.
Guitiriz, 9 de marzo de 2026
María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa
