DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 7 de abril de 2026 Páx. 21564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-239-C e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-239-C e once máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-239-C

Juan Vicente Pita Yáñez, María Engracia Pita Pita

17.3.2026

1976-F-131

Generosa Blanco García, Emiliano Ramil Blanco, José Ramil Blanco, Cándida Ramil Blanco, Constantino Ramil Blanco e María Adolina Ramil Blanco

17.3.2026

E-30-1448-C

Elena Aneiros Pardo, Josefa, Herminia, Carmen, Ángel e Ubaldina López Aneiros

17.3.2026

2323-F-342

José María Caula Rubido, Guillermo Caula Rubido, María Caula Rubido, María Jesús Caula Rubido e Enrique Caula Rubido

17.3.2026

E-48-5383-C

Antonio Cardeiro Bran

17.3.2026

1303-F-338

Antonio Cardeiro Bran

17.3.2026

E-115-C

Juan Martínez Díaz

17.3.2026

E-145-C

Manuela Rigueiro

17.3.2026

848-F-337

Ramón García Blanco

17.3.2026

DH.A36.4163

Juana Chantada Vázquez

17.3.2026

DH.A36.11981

Luís Abal Vázquez

17.3.2026

DH.A36.7138

Comunidade de Usuarios Caxín

17.3.2026