En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia, o 10 de marzo de 2026,
DISPOÑO:
Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa.
Santiago de Compostela, vinte e seis de marzo de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
