Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 8 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PR803D), unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 21 de agosto de 2025, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 8 de maio de 2025 (DOG núm. 95, do 20 de maio):
– 23 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe total de catro millóns cento cincuenta e catro mil cincocentos oitenta e sete euros con setenta e tres céntimos (4.154.587,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo I.
– 2 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe total de trescentos sesenta e nove mil novecentos oitenta e sete euros con dezaseis céntimos (369.987,16 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo II.
– 7 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior, proxectos de apoio a organizacións feministas e de defensa dos dereitos das mulleres, por un importe total dun millón cento sesenta e nove mil novecentos quince euros con corenta céntimos (1.169.915,40 €) con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo III.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO I
Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán
as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD)
|
Nº expte. |
Entidade |
Denominación do proxecto |
Orzamento |
Subvención solicitada total |
Subvención concedida |
||
|
Total 2025 |
Total 2026 |
Subvención concedida |
|||||
|
PR803D-2025-00000054-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP) |
Avanzando no exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos na República Dominicana: atención desde o enfoque da saúde comunitaria |
238.891,69 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000046-00 |
Fundación Taller de Solidaridad |
Forxando futuro desde a colmea: sostibilidade, equidade e gobernanza na apicultura familiar andina do Perú, en vinculación cos ODS 8 e 12 |
233.520,66 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000016-00 |
Fundación Fabre |
Fortalecemento da seguridade alimentaria nutricional da poboación vulnerable en comunidades rurais de Tacaná, San Marcos, Guatemala, fase de seguimento |
219.500,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000033-00 |
Arquitectura Sin Fronteras España (ASF-E) agrupada con Proyde |
Proxecto Tipimal qué q'ij [A forza do avó sol]: mellorando o acceso a unha alimentación sa, nutritiva e suficiente para a poboación en risco de inseguridade alimentaria das comunidades Mam de Cajolá e La Bendición (Guatemala), recentemente asentadas e conformadas maioritariamente por mulleres e poboación indíxena |
264.053,18 |
240.000,00 |
84.000,00 |
156.000,00 |
240.000,00 |
|
PR803D-2025-00000009-00 |
Solidaridad para el Desarrollo y la Paz agrupada con Solidaridade Internacional de Galicia-SIG |
Promoción do dereito a unha vivenda digna, adecuada e saudable para a poboación indíxena Ch'orti' do municipio de Jocotán, Corredor Seco Oriental (Guatemala) |
287.549,23 |
240.000,00 |
84.000,00 |
156.000,00 |
240.000,00 |
|
PR803D-2025-00000018-00 |
Aida, Ayuda Intercambio y Desarrollo |
Promover a soberanía alimentaria e o acceso a recursos económicos das mulleres, impulsando a igualdade de xénero e a sostibilidade ambiental, na illa de Uracane (Guinea Bissau) |
206.952,65 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000037-00 |
Fundación Taller de Solidaridad |
Promoción da autonomía económica de mulleres para a redución das fendas de xénero dos distritos de Morropón e Veintiséis de Octubre na rexión Piura, en liña cos ODS 5 e 8, Perú |
210.820,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000031-00 |
Fundación Ayuda en Acción |
Fortalecemento dos medios de vida sostibles e resilientes ao cambio climático nas comunidades rurais de Namaacha, Boane e Moamba mediante a integración innovadora da horticultura, acuicultura e pesca artesanal, con enfoque de xénero e mellorando a seguridade alimentaria, Mozambique |
226.300,93 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000043-00 |
Farmacéuticos Mundi |
Fortalecemento intersectorial e comunal da atención primaria en saúde para a redución e control da anemia e DCI en nenas e nenos menores de 5 anos de comunidades vulnerables andinas no marco do desenvolvemento infantil temperán nos distritos de Huaytará e Pilpichaca, rexión de Huancavelica, Perú |
207.771,81 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000025-00 |
Fundación Fabre |
Garantido o dereito á auga e o saneamento (ODS 6) para 136 familias (490 titulares de dereitos, 240 mulleres e 250 homes) de 3 comunidades da subcentral Chocorosi desde un enfoque de igualdade de xénero (ODS 5), Bolivia |
235.331,09 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000007-00 |
Fundación de Religiosos para la Salud agrupada con Misevi |
Mellora da empregabilidade de mulleres vítimas de violencia en razón de xénero no Municipio de Sacaba-Cochabamba, Bolivia |
252.956,00 |
240.000,00 |
84.000,00 |
156.000,00 |
240.000,00 |
|
PR803D-2025-00000039-00 |
Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos |
Fortalecida a Rede de saúde pública do Distrito Municipal nº 8 (Plan 3000), Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), fase III |
207.866,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000045-00 |
Farmacéuticos Mundi |
Fortalecemento de capacidades intersectoriais públicas e comunitarias para previr eventos epidémicos asociados á calidade da auga no departamento de La Unión, O Salvador |
227.955,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000005-00 |
Fundación Vicente Ferrer |
Promoción do dereito á protección da infancia e da igualdade de xénero na provincia de Gaza (Mozambique), fase I |
891.626,96 |
60.000,00 |
60.000,00 |
0,00 |
60.000,00 |
|
PR803D-2025-00000044-00 |
Fundación Balms para la Infancia |
Mellora das condicións de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal Santiago Oeste-Asociado a IDI República Dominicana, fase IV |
214.249,30 |
184.999,34 |
64.749,77 |
120.249,57 |
184.999,34 |
|
PR803D-2025-00000017-00 |
Asociación Amigas da Terra |
Fortalecemento e desenvolvemento de mecanismos locais para a xestión sostible de unidades hidrográficas, con enfoque na adaptación e resiliencia de medios de vida e territorios vulnerables en Chinandega, Nicaragua |
194.790,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000013-00 |
Médicos del Mundo |
O poder da xuventude. Redución do embarazo adolescente en mozos e adolescentes chiquitanos, con e sen diversidade funcional, a través do exercicio dos seus DSDR, o fortalecemento do sistema público de saúde e a corresponsabilidade entre actores na Rede de saúde Velasco, Bolivia |
208.000,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000051-00 |
Fundación Educación y Cooperación (Educo) |
Apoderamento económico e socioambiental de mulleres, mozos e nenos rurais con enfoque de dereito e xénero en Nicaragua |
200.000,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000029-00 |
Fundación Ayuda en Acción |
Creo-Innovalac: mulleres e xuventude creando innovación e oportunidades económicas na cadea láctea do Corredor Seco de Nicaragua |
283.532,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000050-00 |
Fundación Educación y Cooperación (Educo) |
Apoderamento social, económico e político de mulleres en situación de vulnerabilidade a través do fortalecemento de mecanismos de participación no municipio de Malacatancito, Huehuetenango, Guatemala |
200.000,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000023-00 |
Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad |
Proxecto K'ut qach'ab'äl: impulsando mecanismos de protección integral para defensoras e defensores de dereitos humanos no occidente de Guatemala |
196.402,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000019-00 |
Fundación Mozambique Sur |
Infancia con dereitos e comunidades sostibles en Changalane: fortalecemento nutricional, educativo e comunitario con enfoque de xénero (Mozambique) |
70.391,92 |
60.000,00 |
60.000,00 |
0,00 |
60.000,00 |
|
PR803D-2025-00000024-00 |
Medicus Mundi Norte |
Mulleres mozas impulsando políticas feministas nas municipalidades de La Ceiba e Arizona para a prevención e atención das violencias machistas (Honduras) |
209.909,85 |
185.000,00 |
49.338,39 |
120.250,00 |
169.588,39 |
|
Total |
1.522.088,16 |
2.632.499,57 |
4.154.587,73 |
||||
ANEXO II
Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
que executarán outros axentes de cooperación
|
Nº expte. |
Entidade |
Denominación do proxecto |
Orzamento total |
Subvención solicitada total |
Subvención concedida |
||
|
Total 2025 |
Total 2026 |
Subvención concedida |
|||||
|
PR803D-2025-00000001-00 |
Fundación Galicia Innova |
Proxecto Sembrando Futuro. Proxecto de fortalecemento da formación técnica agropecuaria sostible na rexión de Piura, mediante o impulso dos compoñentes de habilidades sociais, innovación e emprendemento e tecnoloxías da información, e a súa articulación pública e orientación ao mercado laboral para o desenvolvemento social, económico e ambiental da poboación do valle San Lorenzo, Piura (Perú), con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres e adolescentes |
205.985,91 |
184.987,16 |
64.745,51 |
120.241,65 |
184.987,16 |
|
PR803D-2025-00000002-00 |
Asociación Nacional Ftes. Conservas Pescado Anfaco-Cecopesca |
Contribución á soberanía alimentaria peruana a través da mellora dos mecanismos de control e vixilancia dos recursos e dos produtos hidrobiolóxicos e o fortalecemento de capacidades técnicas e de gobernanza das mulleres e dos homes fiscalizadores de Sanipes e das administracións locais de Sechura |
196.000,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
Total |
129.495,51 |
240.491,65 |
369.987,16 |
||||
ANEXO III
Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
de apoio a organizacións feministas e de defensa dos dereitos das mulleres
|
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Orzamento total |
Subvención solicitada total |
Subvención concedida |
||
|
Total 2025 |
Total 2026 |
Subvención concedida |
|||||
|
PR803D-2025-00000038-00 |
Fundación Intered |
Mulleres organizadas de pobos orixinarios de Puno fortalecidas nas súas capacidades, desde unha cidadanía intercultural crítica, inciden polos seus dereitos políticos e vida libre de violencias machistas, fase II (Perú) |
194.737,11 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000052-00 |
Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) |
Fortalecemento das capacidades individuais e colectivas de sanación e prevención das violencias cara ás mulleres indíxenas, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maia, na rexión occidente e centro de Guatemala |
195.503,72 |
184.998,57 |
64.749,50 |
120.249,07 |
184.998,57 |
|
PR 803D-2025-0000028-00 |
Manos Unidas |
Mulleres e xuventudes de 4 distritos de Sonsonate leste e norte melloran a súa incidencia política e cidadá para o avance nos DDHH, con enfoque de xénero e xustiza ambiental |
226.059,70 |
59.916,83 |
59.916,83 |
0,00 |
59.916,83 |
|
PR803D-2025-00000015-00 |
Agareso |
Fortalecer as capacidades e ferramentas do sistema educativo, as organizacións de mulleres e o sector mediático para o cumprimento efectivo da política de prevención e atención ás unións temperás e o embarazo en adolescentes (PPA) na República Dominicana |
207.414,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR 803D-2025-0000030-00 |
Amigas da Terra |
Mellora no acceso aos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais de mulleres rurais para un desenvolvemento inclusivo e sostible en El Corpus e Namasigüe (Honduras) |
222.035,00 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000047-00 |
Agareso |
Promover política pública de reparación digna e transformadora que garanta unha resposta efectiva no acceso á xustiza de nenas, adolescentes e mulleres de Guatemala |
208.364,73 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
PR803D-2025-00000020-00 |
Fundación Mujeres |
Omukasi: Promovendo o apoderamento e a promoción da autonomía económica das mulleres rurais de Mayuge (Uganda) |
225.318,12 |
185.000,00 |
64.750,00 |
120.250,00 |
185.000,00 |
|
Total |
448.416,33 |
721.499,07 |
1.169.915,40 |
||||
