DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21613

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PR815A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 15 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, e se convocan para o ano 2025, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 4 de agosto de 2025, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 15 de maio de 2025 (DOG núm. 101, do 28 de maio), que se relacionan no anexo:

– 7 proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, por un importe global de douscentos mil euros (200.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.444.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030

Nº expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada total

Subvención concedida

Total 2025

Total 2026

Subvención concedida

PR815A-2025-00000024-00

Universidade de Santiago Compostela agrupada con Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) e Agareso

Diagnose participativa da educación para a cidadanía global (ECG) en Galicia: estado da cuestión, retos e oportunidades

35.000,00

30.000,00

15.000,00

15.000,00

30.000,00

PR815A-2025-00000026-00

Universidade da Coruña agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela

Xeración de coñecemento sobre a contaminación por metais pesados na auga subterránea do sur de Honduras (Cadmio)

32.000,00

30.000,00

15.000,00

15.000,00

30.000,00

PR815A-2025-00000008-00

Universidade de Vigo agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela

Desenvolvemento e benestar das vítimas guatemaltecas de violencia de xénero desde a xustiza terapéutica

31.578,94

30.000,00

15.000,00

15.000,00

30.000,00

PR815A-2025-00000001-00

Universidade de Santiago Compostela agrupada con Farmamundi (Farmacéuticos Mundi)

Tecendo redes para a cidadanía global: a consolidación dun modelo de aprendizaxe-servizo e cooperación ao desenvolvemento

32.500,00

30.000,00

15.000,00

15.000,00

30.000,00

PR815A-2025-00000011-00

Universidade de Santiago Compostela

Desenvolvemento dunha formulación farmacéutica con peroximonosulfato activado por la radiación solar para mellorar a calidade microbiolóxica da auga de bebida: avaliación fronte ao enteropatóxeno de referencia Cryptosporidium (PharmAquaSol)

29.870,20

28.180,00

14.090,00

14.090,00

28.180,00

PR815A-2025-00000009-00

Universidade de Santiago Compostela

Circularidade das cadeas de valor de produción e consumo de bens intensivos en tecnoloxía en Latinoamérica. O papel da intelixencia artificial.

57.986,72

30.000,00

15.000,00

15.000,00

30.000,00

PR815A-2025-00000004-00

Universidade de Vigo

O dereito como ferramenta transformadora: claves xurídicas para unha transición enerxética xusta e inclusiva desde a cooperación España-Ecuador na implementación de comunidades enerxéticas

30.000,00

28.500,00

10.910,00

10.910,00

21.820,00

Total

100.000,00

100.000,00

200.000,00