DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21615

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PR804B).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 21 de abril de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se convocan para o ano 2025, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 15 de xullo de 2025, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 21 de abril de 2025 (DOG núm. 86, do 7 de maio), que se relacionan no anexo:

– 5 microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación por un importe global de cento corenta e tres mil seiscentos sesenta e oito euros con trinta e sete céntimos (143.668,37 €) con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para microproxectos

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención concedida

PR804B 2025-5

Beyond Suncare

Ponte na súa pel: mellora da saúde dermatolóxica e mental das persoas con albinismo de Ruanda

54.734,29

29.995,68

29.995,68

PR804B 2025-11

CIDEL Galicia

Liderado xuvenil para fortalecer a articulación comunitaria e municipal na promoción da igualdade de xénero e prevención das violencias nos municipios de Sabana Iglesia, Baitoa e Santiago de los Caballeros, República Dominicana

34.212,47

30.000,00

30.000,00

PR804B 2025-3

Cooperación Internacional

Aulas conectadas para un futuro mellor en 8 escolas de Cantel, Quetzaltenango, Guatemala

38.250,00

30.000,00

30.000,00

PR804B 2025-4

Asociación Egueire

Ampliación da maternidade de Nadibu con enfoque de xénero: mellora da atención integral a mulleres e neonatos, Costa de Marfil

24.918,89

23.672,94

23.672,94

PR804B 2025-1

Asociación Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia-Briegal

Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, coa participación de equipos de Bolivia

38.553,12

29.999,75

29.999,75

Total

143.668,37

143.668,37