Conforme o establecido no artigo 26 da Orde do 5 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se convocan para o ano 2025, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 28 de agosto de 2025, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 5 de xuño de 2025 (DOG núm. 116, do 19 de xuño):
– 18 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de setecentos vinte mil euros (720.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.481.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de educación
para o desenvolvemento e a cidadanía global
|
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación do proxecto |
Orzamento total (€) |
Subvención solicitada total (€) |
Subvención concedida |
||
|
Total 2025 (€) |
Total 2026 (€) |
Subvención concedida (€) |
|||||
|
PR804A-2025-00000016-00 |
Farmacéuticos Mundi agrupada coa Universidade Santiago de Compostela |
A aprendizaxe-servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase VI |
52.350,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2025-00000018-00 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
IV Premio galego de educación para o desenvolvemento e cidadanía global |
40.333,49 |
36.077,78 |
14.431,11 |
21.646,67 |
36.077,78 |
|
PR804A-2025-00000008-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz |
Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). Pensa!: fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega |
44.298,66 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000006-00 |
Manos Unidas-Comité Católico Campaña Contra el Hambre agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) |
Fame Cero: ecocidadanía global e agroecoloxía escolar na rede de centros educativos rurais polo dereito humano á alimentación e o ODS2 (Enreda). Fase 1 |
62.480,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2025-00000007-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz |
Elas deciden: promover a equidade de xénero facilitando espazos de intercambio de experiencias e capacidades para aumentar o compromiso social e institucional coa equidade de xénero e a xustiza social |
41.200,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000002-00 |
Agareso |
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD) |
43.000,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000003-00 |
Agareso |
Promover a coresponsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas o alumnado e profesorado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo fase IV) |
42.485,05 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000015-00 |
Arquitectura Sin Fronteras España (ASF-E) agrupada coa Universidade da Coruña |
Agra: un barrio de coidados. Fortalecidas capacidades para a defensa do dereito ao hábitat, no marco da axenda 2030-ODS, desde a participación social comunitaria e a perspectiva interseccional. Fase 3 |
54.800,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2025-00000017-00 |
Asociación Ecos do Sur agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela |
ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas discriminatorias e anti Axenda 2030 |
61.155,88 |
46.879,65 |
18.751,86 |
28.127,79 |
46.879,65 |
|
PR804A-2025-00000023-00 |
Arquitectura Sin Fronteras España (ASF-E) |
Dereito ao hábitat rural para a promoción dun modelo de hábitat rural sostible baseado en dereitos humanos, igualdade de xénero, promoción da cultura de paz, cidadanía global e valoración da diversidade cultural en 15 comunidades educativas do ámbito rural galego |
41.900,00 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000021-00 |
Solidariedade Internacional de Galicia |
O Globo. Fomentando a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espazos que visibilicen, conecten e impulsen o activismo social e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego |
41.942,53 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000010-00 |
Asociación de Ingeniería sin Fronteras Galicia agrupada con Amigas da Terra |
Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase III |
60.784,76 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2025-00000011-00 |
Fundación Ayuda en Acción agrupada con Educo, Entreculturas, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago |
Campaña mundial pola educación 2026 |
50.000,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2025-00000013-00 |
Asociación de Ingeniería sin Fronteras Galicia agrupada coa UDC e a UVigo |
Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega. Fase 3 |
54.650,00 |
47.000,00 |
18.800,00 |
28.200,00 |
47.000,00 |
|
PR804A-2025-00000012-00 |
Fundación Taller de Solidaridad |
EnREDadas no Cambio: feminismo emprendedor para a transformación global |
45.594,80 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000020-00 |
Fundación Educación y Cooperación (Educo) |
A protección da infancia desde a mirada da Axenda 2030. Unha ollada con lentes violetas cara ao sur coa ApS como ferramenta de transformación social |
38.985,02 |
37.000,00 |
14.800,00 |
22.200,00 |
37.000,00 |
|
PR804A-2025-00000004-00 |
Asociación Amigas da Terra |
Rede de eco hortas escolares |
34.554,43 |
32.783,55 |
13.113,42 |
19.670,13 |
32.783,55 |
|
PR804A-2025-00000009-00 |
Fundación Entreculturas - Fe y Alegría |
Mensaxes que transforman: Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas |
40.925,00 |
37.000,00 |
10.503,61 |
15.755,41 |
26.259,02 |
|
288.000,00 |
432.000,00 |
720.000,00 |
|||||
