Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se convocan para o ano 2025, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 10 de abril de 2025, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2025), que se relacionan no anexo:
8 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de cincocentos cincuenta mil euros (550.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 nas contías, beneficiarias e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior
|
Nº expte. |
Entidade solicitante |
Denominación proxecto |
Orzamento total |
Subvención solicitada |
Subvención concedida |
|
PR811A-2025-00000016-00 |
Asociación Movimiento por la Paz el Desarme y la Libertad (MPDL) |
Aumento da resiliencia das mulleres saharauís refuxiadas mediante unha resposta de protección humanitaria |
78.950,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000005-00 |
Asociación Comité Español de la UNRWA |
Saúde en emerxencias: garantindo o acceso a servizos sanitarios esenciais para a poboación refuxiada de Palestina máis vulnerable en Siria |
80.000,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000012-00 |
Fundación Ayuda en Acción |
Refuxios ante os impactos do ciclón Chido: construción segura e capacitación comunitaria no distrito de Metuge, Mozambique |
127.404,14 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000011-00 |
ONG Rescate Internacional |
Reforzo de servizos integrais de saúde a grupos vulnerables en Ramallah e Cidade de Gaza, Palestina |
91.728,73 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000004-00 |
Asamblea de Cooperación por la Paz (ACPP) |
¡Protección AH-ora! Fortalecer a acción humanitaria, localizada e diversa para a protección integral de persoas LGBTIQ+ desprazadas en El Salvador |
90.784,74 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000002-00 |
Farmacéuticos Mundi |
Protección do dereito á saúde e dos dereitos sexuais e reprodutivos con perspectiva de xénero nun contexto de naturalización da violencia e crise humanitaria esquecida en Beni, Kivu Norte, RDC |
78.947,37 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000007-00 |
Fundación Unicef Comité Español |
Resposta ás necesidades psicosociais e de saúde mental dos nenos, nenas e as súas familias afectadas pola crise sudanesa na provincia de Sila, Chad |
125.000,00 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
PR811A-2025-00000015-00 |
Fundación Tierra de Hombres España |
Camiños cara á resiliencia: fortalecemento do apoio psicosocial e da protección dos nenos e das familias afectadas pola guerra en Ucraína |
26.315,79 |
75.000,00 |
25.000,00 |
|
Total |
600.000,00 |
550.000,00 |
|||
