DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21623

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PR804C).

Conforme o establecido no artigo 26 da Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se convocan, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 15 de abril de 2025, en virtude da delegación establecida na disposición adicional primeira da Orde do 8 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro):

– 3 proxectos de programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global dun millón oitocentos mil (1.800.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada total

Subvención concedida

Subvención concedida

Total 2025

Total 2026

Total 2027

PR804C 2025-12

Asamblea de Cooperación por la Paz

Programa Abraza o teu Mar: construíndo un futuro sostible para a pesca artesanal salvadoreña

796.420,73

600.000,00

600.000,00

180.000,00 €

210.000,00 €

210.000,00 €

PR804C 2025-3

Arquitectura sen Fronteiras

Programa Kab' laj Imox para o acceso mellorado á auga e saneamento, así como a súa gobernanza institucional e comunitaria con enfoque de xénero, dos 180 fogares de poboación indíxena, desprazada e en condicións de especial vulnerabilidade da comunidade Victorias 3, en Champerico, Guatemala

674.856,00

600.000,00

600.000,00

180.000,00 €

210.000,00 €

210.000,00 €

PR804C 2025-10

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Restauración das lagoas de inverno como modo de vida das poboacións pesqueiras de Namasigüe e El Triunfo, Honduras. Fase 2

717.047,31

600.000,00

600.000,00

180.000,00 €

210.000,00 €

210.000,00 €

1.800.000,00

540.000,00

630.000,00

630.000,00