DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2025/253-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución dos apoios 9WWH2O3O//74 e 9WTRQNQ2//75 da LMTA TUI803.

Situación: Tomiño.

Características técnicas:

– Substitución dos apoios 9WWH2O3O//74 e 9WTRQNQ2//75 da liña de media tensión aérea (LMTA) TUI803 por un apoio C-1000/16 e un apoio C-1000/14, respectivamente.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 129 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/16 e final no apoio proxectado C-1000/14.

– Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados (93 + 105 metros de condutor LA-78).

A instalación está situada na Aldea e na Chan, na parroquia de Taborda, no concello de Tomiño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2025/253-4.

Denominación: Substitución dos apoios 9WWH2O3O//74 e 9WTRQNQ2//75 da LMTA TUI803.

Concello: Tomiño.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Apoio

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Lg. A Aldea-Taborda

Campos de Gorgóns

Urbano. Solo sen edificar

36054A047001080000EE

Roberto Martínez Castro

1

2,0

-

-