Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministracón e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS SDM719, CT na estrada de Marcosende e camiño do Sanguiñal.
Situación: Vigo.
Características técnicas:
– Centro de transformación prefabricado superficie manobra exterior 2L+1P de 250 kVA, situado na parcela con referencia catastral 54057A18600563, alimentado pola liña de media tensión (LMT) SDM719 procedente da subestación Sárdoma.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) de 1.410 metros, con orixe e final na liña de media tensión subterránea (LMTS) SDM719 na arqueta proxectada na encrucillada da estrada Clara Campoamor coa rúa Galileo, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.
A instalación está situada na estrada de Marcosende e no camiño do Sanguiñal, na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 10 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. expediente: IN407A 2025/286-4.
Denominación: LMTS SDM719, CT na estrada de Marcosende e camiño do Sanguiñal.
Concello: Vigo.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|||
|
Pleno dominio (m²) |
Servidume |
|||||||
|
Apoio/CT |
m² |
ml sub. |
m² sub. |
|||||
|
1 |
Estrada Marcosende-Zamáns |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío. Secaño |
54057A186005630000BZ |
Hros. Herminia Ramilo Otero |
CT |
19,2 |
– |
– |
