DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21776

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026 polo que se fai pública a resolución da bolsa concedida ao abeiro da Orde do 1 de setembro de 2025 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou un título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, bolsas Galicia Europa (código de procedemento PR770N).

No Diario Oficial de Galicia número 173, do 9 de setembro de 2025, publicouse a Orde do 1 de setembro de 2025 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, bolsas Galicia Europa (código de procedemento PR770N).

Posteriormente, no Diario Oficial de Galicia número 6, do 12 de xaneiro de 2026, publicouse a Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se convoca unha bolsa de formación dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de comunicación das políticas comunitarias, na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsa Galicia Europa, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento PR770N).

Logo da tramitación establecida nas bases reguladoras, o 26 de marzo de 2026, o director da Fundación Galicia Europa ditou a resolución da adxudicación da bolsa en materia de comunicación das políticas comunitarias, que se desenvolverá durante os anos 2026 e 2027, e a publicación da persoa adxudicataria da bolsa no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

Jesús Mª Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa

ANEXO

Tipo de bolsa

Apelidos e nome

DNI (*)

Comunicación

Rodríguez Novo, Adriana

****7116V

(*) O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.