Mediante o Acordo da Comisión Executiva do Consorcio do 3 de marzo de 2026 aprobouse a oferta de emprego público do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, que foi publicada o martes 10 de marzo de 2026 no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 56, xunto co texto íntegro do acordo.
O que se fai público en cumprimento do determinado no artigo 70.2 do RDL 5/2010, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, con indicación de que a presente resolución é definitiva, polo que contra ela os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Comisión Executiva, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a citada publicación, na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se considere procedente.
Lugo, 16 de marzo de 2026
María Carmen López Moreno
Presidenta do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación
do Servizo contra Incendios e Salvamento
