DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026 do recurso contencioso-administrativo PO 7078/2026.

Nesta administración recibiuse un oficio da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 7078/2026, interposto por José Manuel Bernárdez Matovelle contra o Acordo do Pleno do 19.11.2025 de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e de rasantes da vía previsto nas normas subsidiarias do planeamento entre a rúa Estrada de Cea e a rúa Alameda, publicado no DOG núm. 242, do 16 de decembro de 2025, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado oficio, o Concello de Maside acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas neste procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Maside, 13 de marzo de 2026

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde