En cumprimento da solicitude formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Contencioso-Administrativo Sección 02-02-A Coruña, en que se ordena o emprazamento dos/das interesados/as, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4220/2025, interposto pola Asociación Plataforma Salvemos Santamarta de Baiona, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados/as no outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario, entre elas, a outorgada o 14.3.2025 para a construción e explotación dunhas instalacións para a navegación marítima no porto de Baiona a cargo do concesionario Puerto Deportivo de Baiona, S.A., para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Contencioso-Administrativo Sección 02-02-A Coruña, no prazo de nove (9) días contados desde a publicación deste anuncio.
O que se fai publico para o xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente: PO 4220/2025.
Demandante: Asociación Plataforma Salvemos Santamarta de Baiona.
Demandado: EPE Portos de Galicia.
Xulgado: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Contencioso-Administrativo Sección 02-02-A Coruña.
Acto demandado: outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario, entre elas, a outorgada o 14.3.2025 para a construción e a explotación dunhas instalacións para a navegación marítima no porto de Baiona a cargo do concesionario Puerto Deportivo de Baiona, S.A.
Acto publicado: emprazamento aos/ás interesados/as.
