A Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), en virtude das competencias atribuídas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do instituto, ditou a Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se modifican as bases do proceso selectivo convocado pola Resolución do 26 de xaneiro de 2026 para a cobertura definitiva de dous postos de analistas de laboratorio existentes no cadro de persoal, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, e pola quenda de acceso libre, do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
A devandita modificación está exposta na páxina web de Intecmar (https://www.intecmar.gal/ transparencia/Convocatorias/Default.aspx). Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para aquelas persoas que se ven afectadas pola modificación nos termos establecidos na resolución, que será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Vilaxoán, 31 de marzo de 2026
María Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia
