DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21697

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Área de Innovación Empresarial).

Mediante a Resolución do 10 de marzo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 50, do 16 de marzo de 2026, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape: director/a da Área Innovación Empresarial.

De conformidade co establecido no punto 14 das bases reguladoras da convocatoria que rexen o proceso de selección, a Comisión de Selección será designada mediante resolución da directora xeral do Igape. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear a Comisión que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo do Igape (director/a da Área de Innovación Empresarial), coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Comisión de Selección

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: Alberto Vivero Fernández, director da Área de Financiamento do Igape.

– Secretaría:

Titular: Ainhoa Mallo Martínez, xerente do Igape.

Suplente: Mª Jesús López Bahamonde, subdirectora de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape.

– Vogais:

1ª titular: Mª Adelaida Couto Piñón, vicesecretaria xeral da Consellería de Economía e Industria.

Suplente: Lourdes Ledo Moure, subdirectora xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos da Consellería de Economía e Industria.

2ª titular: Mónica Fernández Frade, subdirectora de Seguimento de Carteira do Igape.

Suplente: Francisco Pedro López Martínez, subdirector de Coordinación do Igape.

3ª titular: Laura Almeida Freire, subdirectora de Liquidacións do Igape.

Suplente: Placeres Conde Suárez, subdirectora de Internacionalización do Igape.