En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Concello do Pino.
NIF: P1506700B.
Expediente: DH.V15.114034.
Lugar: O Pedrouzo.
Parroquia: Arca.
Concello: O Pino.
Tipo de vertedura: augas residuais urbanas depuradas.
Caudal máximo anual: 281.371 m3/ano.
Punto de vertedura: x= 552.461; y= 4.750.179.
Medio receptor: río Brandelos (bacía do río Ulla).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais urbanas recollidas no saneamento dos núcleos da Igrexa, A Rúa, O Pedrouzo e Santo Antón-Arca, son tratadas nun sistema de depuración deseñado para 3.062 habitantes equivalentes e constituído por pozo de grosos, reixa automática, peneira rotativa, desareado-desengraxado con aireación, tratamento biolóxico de aireación prolongada con dosificación de cloruro férrico, decantación secundaria e desinfección por radiación UV, antes da súa vertedura ao río Brandelos mediante condución de PVC.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026
Ignasi Casas Villaverde
Xefe da Área de Calidade das Augas
