En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 144 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Rodeiro.
DNI: P3604700I.
Expediente: E-1586-P/DH.A36.105122.
Volume total anual: 308.249,33 m3/ano.
Destino: abastecemento municipal.
Orixe: río Arnego, 1 manancial en Areosa e 2 pozos en Gorgullos.
Lugar: Caneiros, Areosa e Gorgullos.
Parroquia: Álceme, Riobó e Río.
Concello: Rodeiro.
Descrición do aproveitamento:
Tramítase a modificación da concesión outorgada ao Concello de Rodeiro o 14.5.2024, engadindo captacións adicionais nos lugares de Areosa e Gorgullos. En Areosa cáptase un manancial nas parcelas 36047A106002250000LH e 36047A106002260000LW mediante dúas galerías de 9 e 8 m, executadas en ladrillo cerámico, que reúnen as augas nunha caseta, para conducilas a un depósito de almacenamento de 205 m3, situado na parcela de referencia 36047A096003260000PI. Desde este depósito as augas condúcense á rede de distribución e ao grupo de bombeo do Pavillón, cunha bomba de 7,5 kW. En Gorgullos cáptanse dous pozos nas parcelas 36047A096000840000PA e 36047A096000830000PW de aros de formigón, e reúnense as augas nunha arqueta e desde esta ao depósito de acumulación, de 160 m3 de capacidade, na parcela 000201500NH82B0001RJ. Desde este depósito, a auga condúcese ao bombeo de Pavillón, desde o que se pode distribuír á rede ou desviarse ao depósito de Areosa, ou ao depósito da ETAP, que recibe as augas da captación do río Arnego, recollido na concesión xa outorgada.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
